Juan Alonso-Villalobos Solórzano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan Alonso-Villalobos Solórzano
Nacemento1900
Lugar de nacementoAguilar de Campoo
Falecemento5 de abril de 1974
Lugar de falecementoLeón
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónnotario e político
editar datos en Wikidata ]

Juan Alonso-Villalobos Solórzano, nado Aguilar de Campoo o 28 de febreiro de 1900 e finado en León o 5 de abril de 1974,[1] foi un notario e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou dereito na Universidade de Valladolid, onde contactou co grupo de Onésimo Redondo, achegándose posteriormente á CEDA a medida que se desenvolvía como notario por diferentes localidades castelás. En setembro de 1934 tomou posesión como notario de Monforte de Lemos e entrou en contacto coa sección local do Partido Agrario Español dirixida por Andrés Gil Municio. Participou na campaña das eleccións de febreiro de 1936 en diversos mitins de propaganda do bloque reaccionario. O triunfo electoral da Fronte Popular levouno a sumarse ao fascismo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi un dos represores de Monforte; empregaba as fotografías das manifestacións do primeiro de maio para elaborar as listas negras, riscando e sinalando que persoas debían ser perseguidas ou asasinadas. Foi nomeado gobernador civil de Xaén o 30 de xullo de 1943, permanecendo no posto até o 26 de xuño de 1947. Despois de Valladolid de 1947 a 1951. Como Xefe Provincial do Movimiento de Valladolid foi Conselleiro Nacional de FET y de las JONS e procurador nato nas Cortes franquistas entre maio de 1949 e xullo de 1951. Instalado en León, dedicouse á notaría até a súa morte.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Nina Merino Hompanera e foi pai de Juan, Federico, Carmina, José Antonio, Luis e Fernando Alonso-Villalobos Merino.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]