Saltar ao contido

Juan Álvarez Bocalandro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan Álvarez Bocalandro
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Mortemaio de 1901 Editar o valor en Wikidata
Ferrol Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata

Arquivo Histórico de Deputados: 4730

Juan Álvarez Bocalandro, finado en Ferrol en maio de 1901, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Avogado. Foi elixido deputado polo distrito de Carballo nas eleccións de 1873. En xaneiro de 1882 foi elixido vicepresidente do Comité republicano-progresita de Ferrol que presidía Francisco Suárez García.[1] En setembro de 1886 aloxou a Nicolás Salmerón durante a súa visita a Ferrol.[2] Finou en Ferrol a principios de maio de 1901.[3]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Amalia Cuevas Pombo, que finou en maio de 1898, e foi pai de Leopoldo, Aurora e Julio Álvarez Cuevas.[4]

  1. La Voz de Galicia, 31-1-1881, p. .
  2. La Voz de Galicia, 22-9-1886, p. 1-2.
  3. El Diario de Pontevedra, 6-5-1901, p. 3.
  4. El Correo Gallego, 31-5-1898, p. 3.