Joyce Allan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoyce Allan

Joyce Allan contra 1930
Biografía
Nacemento8 de abril de 1896
Balmain, Sydney, Australia
Morte31 de agosto de 1966
Mosman, Australia
Causa da morteenfermidade cerebrovascular
Datos persoais
País de nacionalidadeaustraliana
Actividade
Ocupaciónconquilióloga, conservadora de museo e ilustradora científica
EmpregadorMuseo Australiano en Sydney
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeHector Walker Kirkpatrick
PaisJoseph Stuart Allan  e Florence Fountain Allan, nada Hesketh

Joyce Allan, nada o 8 de abril de 1896 e finada o 31 de agosto de 1966, foi unha conquilióloga, conservadora no Museo Australiano e ilustradora científica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e educación[editar | editar a fonte]

Allan naceu como Catherine Mabel Joyce Allan o 8 de abril de 1896 en Balmain, Sydney.[1] Foi a oitava filla de Florence Fountain Allan, de solteira Hesketh, e Joseph Stuart Allan.[2]

A educación de Allan foi inicialmente privada, pero a continuou asistindo ao Fort Street Girls' High School. Durante o seu tempo no Instituto (High School) visitou a miúdo o Museo Australiano e clasificaba cunchas para Charles Hedley.[1]

Carreira[editar | editar a fonte]

Allan examinando espécimes no Museo Australiano
Moluscos de Nova Zelandia, por Joyce K. Allan

Joycr Allan foi nomeada empregada temporal no Museo de Australia en febreiro de 1917 e traballou como asistente de Charles Hedley. Inicialmente foi a responsábel de colaborar na conservación da colección de conquilioloxía, así como de subministrar ilustracións para artigos científicos escritos polo persoal do museo.[2] Allan era un artista talentosa,[1] e expuxo obras de arte na Royal Art Society of New South Wales. A medida que pasaba o tempo adquiriu máis experiencia en moluscos e comezou a escribir artigos científicos.[1] Asinou tanto as súas obras de arte como os seus traballos científicos como "Joyce K. Allan".[2] A maioría dos seus artigos publicados estaban relacionados coa subclase dos opistobranquios.[3]

En 1920 Allan obtivo un posto permanente no Museo e, tras a dimisión de Hedley en 1924, foi a responsáble da sección de conquilioloxía do Museo de Australia, con Tom Iredale como asistente. En 1925 as posicións de Allan e Iredale foron invertidas.[1]

Ademais de escribir artigos científicos sobre moluscos, Allan escribiu artigos no Australian Museum Magazine,[4] e contribuíu á Australian Encyclopaedia.[2] Tamén dictou conferencias.[5]

Allan apareceu frecuentemente como tema de artigos en xornais e revistas, non só como resultado de ser unha muller científica, senón tamén polo seu talento para a comunicación científica.[6]

En 1931 Allan foi nomeada para o posto de asistente científico. Durante a segunda guerra mundial traballou nos Servizos Nacionais de Emerxencia e foi nomeada asistente do superintendente de precaucións contra ataques aéreos.[1] En 1943 Joyce Allan foi elixida membro da Royal Zoological Society of New South Wales e, ao facelo, converteuse na primeira muller en acadar este honor.[6] En 1944 volveu ao Museo de Australia e, tras a xubilación de Tom Iredale, foi escollida para sucedelo.[1]

A principios de 1949 Allan foi nomeada conservadora de cunchas no Museo e, mentres ocupaba ese cargo, asistiu ás reunións da Asociación Australiana e Nova Zelandesa para o Avance da Ciencia. Nese ano tamén asistiu ao "Pacific Science Congress" en Nova Zelandia e, en 1953 viaxou a Copenhague para asistir ao "International Congress of Zoology".[2]

En 1950 Allan escribiu Australian Shells, o primeiro libro que tenta describir a maioría dos moluscos australianos.[2] Foi moi ben considerado tanto pola comunidade científica como polos coleccionistas de moluscos.[1]

Joyce Allan retirouse do seu posto no Museo de Australia en xuño de 1956 como consecuencia de sufrir unha enfermidade. Porén, foi nomeada zoóloga honoraria e, como tal, continuou traballando de xeito voluntario no Museo. Tamén foi autora doutros textos científicos.[2] Non foi até 1962 cando deixou de traballar en calquera función no Museo.[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

O 18 de maio de 1949 Joyce Allan casou con Hector Walker Kirkpatrick na igrexa anglicana de St Clement, de Mosman.[1]

Morte[editar | editar a fonte]

Joyce Allan morreu o 31 de agosto de 1966 aos 70 anos en Mosman, dunha enfermidade cerebrovascular, e foi incinerada. O seu marido sobreviviu.

Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]

  • 1936. Victorian sea shells: a handbook for collectors and students, by Charles J. Gabriel; with numerous illustrations by Joyce K. Allan. Field Naturalists' Club of Victoria, Melbourne, Australia
  • 1950. Australian shells, with related animals living in the sea, in fresh-water and on the land, by Joyce Allan. Georgian House Pty., Ltd., Melbourne, Australia
  • 1956. Cowry Shells of World Seas, por Joyce Allan. Charles T. Branford Co., Boston
  • 1958. The sea-horse and its relatives, por Gilbert Whitley e Joyce Allan. Georgian House, Melbourne, Australia

Honores[editar | editar a fonte]

Epónimos[editar | editar a fonte]

Polo menos tres moluscos, un peixe e un insecto foron nomeados en honor de Allan.[2] Estas especies inclúen:

  • Coralastele allanea Iredale, 1930.[7]
  • Microcanthus joycei Whitley, 1931.[7]
  • Phosinella allanae Laseron, 1950.[8][9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 Walker, Prue. "Joyce Allan, Conchologist". Australian Museum. Consultado o 31 de agosto de 2021.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 McMichael, D. F. "Allan, Catherine Mabel Joyce (1896–1966)". Australian Dictionary of Biography. National Centre of Biography, Australian National University. Consultado o 31 de agosto de 2021.
  3. "Allan, Catherine Mabel Joyce (1896–1966)". Encyclopedia of Australian Science. Consultada o 31 de agosto de 2021.
  4. "Museum Magazine". Trove. National Library of Australia.
  5. "Museum Lecture". The Sydney Morning Herald.
  6. 6,0 6,1 Walker, Pru. "Joyce Allan – well-respected scientist". Australian Museum.
  7. 7,0 7,1 "What Women Are Doing – She studies life story of shells". Australian Consolidated Press. Australian Women's Weekly. 25 de febreiro de 1939. 
  8. "Allan, Joyce K.". Conchology Inc. Conchology Inc. 
  9. World Register of Marine Species.