Jovino González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJovino González
Biografía
Nacemento16 de outubro de 1975 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiragüista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportepiragüismo Editar o valor em Wikidata
Participou en
2000Xogos Olímpicos de 2000
1996Xogos Olímpicos de 1996 Editar o valor em Wikidata

Jovino González Comesaña, nado en Vigo o 16 de outubro de 1975, é un ex-piragüista galego, que competía na modalidade de augas tranquilas. Participou en dous Xogos Olímpicos, sendo o seu mellor resultado o quinto posto na proba de K-4 1000 m en Atlanta 1996.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a destacar no piragüismo dende as categorías inferiores, ao igual que a súa irmá Marián, e en 1994 dispuotu en Xochimilco o seu primeiro Campionato Mundial, rematando en oitava posición no K4 500 metros.[1][2] En 1995 proclamouse campión de España en K1 200 m, e logrou clasificarse para os Xogos Olímpicos de 1996 en Atlanta, en dúas probas diferentes: K2 500 e K4 1000. Conseguiu meterse nas finais olímpicas do K4 e volveu á casa cun diploma olímpico (5º posto).[3]

A cidade de Vigo ós seus atletas.[4]

Nos Xogos Olímpicos de 2000 participou no K1 500m, meténdose na final e conseguindo o seu segundo diploma. Na mesma distancia, en 2002 conseguiu un bronce no Campionato de Europa celebrado en Szeged, e dous anos despois repetiu metal no K1 1000 metros en Poznan.[5]

Logrou a clasificación tamén para os Xogos Olímpicos de 2004 en Atenas, no K1 1000 metros, pero pouco antes do comezo dos Xogos, foi expulsado do equipo español por dar positivo por EPO nun control antidopaxe.[6] Foi sancionado durante dous anos e regresou á competición en 2006.[7] Ao ano seguinte regresou ao Campionato de Europa, onde conseguiu meterse na final, e repetiu participación tamén en 2008 e 2009.

Palmarés internacional[editar | editar a fonte]

Campionato Europeo
Ano Lugar Medalla Evento
2002 Hungría Szeged Medalla de bronce Bronce K1 500m
2004 Polonia Poznan Medalla de bronce Bronce K1 1000m

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jovino González debuta hoy en el campeonato del mundo". La Voz de Galicia (en castelán) (Pontevedra ed.). 21 de setembro de 1994. p. 44. 
  2. "Diez centésimas separaron a David Mascato del bronce mundial". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de setembro de 1994. p. 56. 
  3. "Resultados Atlanta 1996" (PDF). la84foundation.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2007. Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  4. "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016. 
  5. "Jovino González". canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  6. "Expulsado un piragüista del equipo olímpico español por dar positivo en un control". ABC (en castelán). 9 de agosto de 2004. Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  7. Ferreiro, Mariluz (26 de xuño de 2007). "«En una competición así, ves que has perdido dos años que no recuperarás»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de agosto de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]