Joumana Haddad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Joumana Haddad
Joumana Haddad - IVAM.jpg
Nacemento6 de decembro de 1970
Lugar de nacementoBeirut
NacionalidadeLíbano
Ocupaciónlingüista, poeta, xornalista, escritora, tradutora, artista e activista
editar datos en Wikidata ]

Joumana Haddad, nada en Beirut, o 6 de decembro de 1970, é unha escritora, xornalista, poeta, artista e activista libanesa.[1] En maio de 2018 foi candidata ás eleccións lexislativas pola lista independente Kulna Watani (Todos somos patriotas) mais finalmente non logrou o escano provocando a protesta dos seus seguidores que denunciaron fraude.[2] Desde o 2014, é anualmente seleccionada como unha das mulleres árabes máis influentes do mundo, pola revista Arabian Business, polo seu activismo cultural e social (posición 34 en 2017).[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Joumana Haddad foi responsábel das páxinas culturais do xornal libanés An Nahar, onde traballou do 1997 até o 2017. Ensinou escritura creativa na Universidade Líbano Americana entre o 2012 e o 2016. É activista dos dereitos da muller, e é tamén a redactora xefa de Jasad, unha polémica revista en idioma árabe especializada na literatura e as artes do corpo. Foi a administradora do premio IPAF[4] ou Booker árabe, un premio literario que recompensa unha novela árabe, desde o 2007 até o 2011.

Publicou xa varios libros que foron traducidos e publicados en moitos países do mundo.

É políglota (fala sete linguas) e publicou libros en linguas diferentes, así como realizou diversas obras de tradución, entre as cales están unha antoloxía da poesía libanesa moderna, publicada no Estado Español así como en numerosos países de América Latina, e unha antoloxía de 150 poetas suicidas do século vinte.

Para o seu libro Con los ladrones del fuego, entrevistouse cun gran número de escritores como José Saramago, Umberto Eco, Paul Auster, Yves Bonnefoy, Peter Handke, Elfriede Jelinek.

Joumana Haddad forma parte do Comité de conselleiras/os[5] de MARCH Lebanon (unha ONG que loita pola liberdade de expresión en Líbano).

En 2009, coescribió e actuou nunha película da directora libanesa Jocelyne Saab ("Qué pasa?").[6] Participou tamén nun documental do director Nasri Hajjaj, sobre o poeta palestino Mahmoud Darwish.

Tamén é artista e realiza colaxes.

En 2018 participa no ciclo Poetas Di(n)versos e é traducida ao galego pola tamén poeta Yolanda Castaño.[7]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Joumana Haddad na rodaxe da película "Qué pasa?" en xuño de 2009.
  • Obtivo o premio do xornalismo árabe no 2006 pola súa entrevista con Mario Vargas Llosa.
  • En outubro de 2009 foi seleccionada como unha das/dos 39 autores árabes máis interesantes que teñen menos de 39 anos.[8]
  • En novembro de 2009, recibiu o Premio Internacional Norte Sur da Fundación italiana Pescarabruzzo na súa categoría de poesía.[9]
  • En febreiro de 2010 recibiu o Premio Blue Metropolis para a literatura árabe en Montreal.[10]
  • En agosto de 2010 recibiu o Premio Rodolfo Gentili en Porto Recanati (Italia).
  • En novembro de 2012 recibiu o Premio Maria Grazia Cutuli para o xornalismo en Catania (Italia).[11]
  • En xullo de 2013, foi nomeada polo alcalde de Nápoles Luigi de Magistris Embaixadora Honoraria da cultura e os dereitos humanos da cidade de Nápoles no Mediterráneo.[12]
  • En febreiro de 2014, recibiu o Premio da Carreira Poética outorgado pola Fundación Archicultura en Italia.[13]

Compromiso coa muller árabe[editar | editar a fonte]

Comprometida coa situación da muller no mundo árabe, Joumana Haddad, nunha entrevista ao diario El Mundo, respondeu o seguinte: "O mundo árabe é un mundo que vive unha grande esquizofrenia desde hai dous séculos.[14] É un mundo onde non podes dicir o que pensas, non podes vivir o que dis e tampouco podes vivir en público o que vives en segredo. Esta duplicidade absurda transfórmate nunha criatura esquizofrénica, pouco auténtica. Unha das razóns desta dualidade son eses tabús absurdos que estamos a vivir no mundo árabe, impostos pola relixión ou polos réximes ditatoriais."

"Ás veces dinme que é a esperanza o que xera a forza de loitar. Mais é o contrario: é a forza de loitar o que xera a esperanza. Non é que estea convencida de que o que fago vaia a cambiar as cousas e por iso loite. Estou convencida de que a miña loita pode xerar a esperanza."

"Ser muller no mundo árabe, é facer unha declaración de guerra".

Sobre o burka declarou: "Paréceme moi absurdo, moi contraditorio. Un non pode escoller a liberdade de non ser libre. Esas mulleres non se preguntan por que só elas teñen que levar ese sinal? Se puidésemos imporlles aos homes musulmáns durante un mes o burka, pensaríano dúas veces antes de impórllelo ás mulleres. É humillante, é un insulto. Para a muller e para o home, que tamén é tratado como un animal que non controla os seus instintos e ten que ser protexido da tentación da muller."

Vida privada[editar | editar a fonte]

É nai de dous fillos e vive en Beirut.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Bibliografía en árabe[editar | editar a fonte]

  • Invitación a una cena secreta (poesía) Edicións An Nahar (1998).
  • Dos manos hacia el abismo (poesía) Edicións An Nahar (2000).
  • No he pecado bastante (poesía) Edicións Kaf Noun (2003).
  • El retorno de Lilith (poesía) Edicións An Nahar (2004).
  • La Pantera escondida donde nacen los hombres (poesía) Edicións Al Ikhtilaf (2006).
  • Con los ladrones del fuego (entrevistas con autores internacionais) Edicións An Nahar (2006).
  • Vendrá la muerte y tendrá tus ojos, 150 poetas que se suicidaron en el siglo veinte (antoloxía poética) Edicións An Nahar (2007).
  • Malas costumbres (poesía) Edicións do ministerio da cultura exipcia (2007).
  • Espejos de las pasantes en el sueño (poesía) Edicións An Nahar (2008).
  • Geología del Yo (poesía) Arab Scientific Publishers (2012).[15]
  • Jaulas (teatro) Ediciones Naufal (2014).

Bibliografía en español[editar | editar a fonte]

  • Allí donde el río se incendia (antoloxía de poesía) Ediciones de Aquí, Málaga, España (2006) / Fundación Editorial El Perro y la Rana, Caracas, Venezuela (2007).

Traducións:

  • Cuando me hice fruta, Monte Ávila Editores, Caracas, Venezuela (2006).
  • El retorno de Lilith, traducido por Héctor Fernando Vizcarra, Editorial Praxis, México, México (2007) / Deputación Provincial de Málaga, España, colección MaRemoto (2009).[16]
  • Espejos de las fugaces, traducido por Héctor Fernando Vizcarra, Vaso Roto Ediciones, Madrid-México (2010).[17]
  • Yo maté a Sherezade, Editorial Debate, Madrid, España (2011).[18]
  • Las siete vidas de Luca, Vaso Roto Ediciones, Madrid-México (2011).[19]
  • Los amantes deberían llevar solo mocasines, Vaso Roto Ediciones, Madrid-México (2011).[20]
  • Supermán es árabe, Vaso Roto Ediciones, Madrid-México (2014).[21]
  • Jaulas, Vaso Roto Ediciones, Madrid-México (2016)

Bibliografía en inglés[editar | editar a fonte]

  • Madinah, city stories from the Middle East (antoloxía) Comma Press, Manchester, UK (2008).
  • I Killed Scheherazade (ensaio), Saqi Books, Londres, UK (2010).[22] O libro traduciuse ao francés, italiano, español, danés, portugués, alemán, holandés, croata, noruegués, romanés e árabe.[23]
  • Superman is an Arab (ensaio), Westbourne Press, Londres, UK (2012).[24] O libro traduciuse ao italiano, español, francés, croata e árabe.
  • The Third Sex (ensaio), Hachette Antoine, Beirut, Lebanon (2015).

Traducións:

  • Invitation to a Secret Feast, Tupelo Press, Vermont, Estados Unidos (2008).

Bibliografía en italiano[editar | editar a fonte]

  • Le sette vite di Luca [literatura infantil], Mondadori Junior, Milán, Italia (2011).[25]

Traducións:

  • Adrenalina, Edizioni del Leone, Venecia, Italia (2009).
  • Il ritorno di Lilith, traducido por Oriana Capezio, Edizioni l'Asino d'Oro, Roma, Italia (2009).

Bibliografía en francés[editar | editar a fonte]

  • Le temps d'un rêve, nº 1 (revista de poesía) (1995).
  • Les amants ne devraient porter que des mocassins (literatura erótica) Editions Humus, Lausanne, Suíza (2010).[26]

Traducións:

  • Le retour de Lilith, traducido por Antoine Jockey, Editions L’Inventaire, París, Francia (2007); Editions Actes Sud, París, Francia (2011).[27]
  • Miroirs des passantes dans le songe, Al Dante, París, Francia (2010).

Traducións noutras linguas[editar | editar a fonte]

Joumana Haddad.
  • Damit ich abreisen kann, Lisan Verlag, Bâle, Suíza (2005).
  • Liliths Wiederkehr, Verlag Hans Schiler, Berlín, Alemaña (2008).
  • Lilits återkomst, Bokförlaget Tranan, Estocolmo, Suecia (2010).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Joumana Haddad escribe con sus uñas de mujer libre". Consultado o 25 de setembro de 2011. 
  2. "Lebanon's election brings some new faces". The National (en inglés). Consultado o 13 de maio de 2018. 
  3. "InPics: The 100 Most Powerful Arab Women 2016". ArabianBusiness.com (en inglés). Consultado o 2019-07-30. 
  4. "International Prize for Arabic Fiction" (en inglés). 2019-04-29. 
  5. "March Lebanon". March Lebanon. Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2019. Consultado o 2019-07-30. 
  6. The Daily Star (14 de xullo de 2009). "The World Book Capital’scinematic ambassador on Beirut" (en inglés). Consultado o 25 de setembro de 2011. 
  7. "Poesía árabe e galega “en clave feminista” para abrir o ciclo Poetas Di(n)versos". Sermos Galiza. 15 de outubro de 2018. Consultado o 17 de outubro de 2018. 
  8. "Hay Festival Beirut39". Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2018. Consultado o 15 de abril de 2019. 
  9. Fundación Pescarabruzzo. "Páxina oficial - Fundación Pescarabruzzo" (en italiano). Consultado o 25 de setembro de 2011. 
  10. "Home". Blue Metropolis (en inglés). Consultado o 2019-07-30. 
  11. "Alla poetessa Joumana Haddad il Premio Maria Grazia Cutuli". Live Sicilia (en italiano). Consultado o 2019-07-30. 
  12. "La scrittrice Joumana Haddad ambasciatrice onoraria di Napoli". Napoli - La Repubblica. 2013-07-12. Consultado o 2019-07-30. 
  13. "Premio alla carriera Città di Acqui 2014 a Joumana Haddad". www.tuononews.it. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 2019-07-30. 
  14. El Mundo. "Ser mujer en el mundo árabe es hacer una declaración de guerra". 
  15. "Nwf.com: كتاب الجيم - جمانيات: جمانة حداد: كتب". www.neelwafurat.com. Consultado o 2019-07-30. 
  16. "El retorno de Lilith". www.lacentral.com (en castelán). Consultado o 2019-07-30. 
  17. "Vaso Roto Ediciones". www.vasoroto.com. Consultado o 2019-07-30. 
  18. "Yo maté a Sherezade - Joumana Haddad". Lecturalia (en castelán). Consultado o 2019-07-30. 
  19. "Vaso Roto Ediciones". www.vasoroto.com. Consultado o 2019-07-30. 
  20. "Vaso Roto Ediciones". www.vasoroto.com. Consultado o 2019-07-30. 
  21. "Vaso Roto Ediciones". www.vasoroto.com. Consultado o 2019-07-30. 
  22. http://www.amazon.co.uk/Killed-Scheherazade-Confessions-Angry-Woman/dp/0863564275
  23. "I Killed Scheherazade". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2015. Consultado o 17 de outubro de 2018. 
  24. "Superman Is an Arab, By Joumana Haddad.". The Independent (en inglés). 2012-10-23. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2019-07-30. 
  25. "Le sette vite di Luca. Una fiaba ecologica". web.archive.org. 2012-03-30. Consultado o 2019-07-30. 
  26. http://www.amazon.fr/amants-devraient-porter-que-mocassins/dp/2940127549
  27. http://www.amazon.fr/retour-Lilith-Joumana-Haddad/dp/2330000138/ref=sr_1_1?s=books&ie=UTF8&qid=1329980703&sr=1-1

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]