José Ramón Recalde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Ramón Recalde
Nome orixinal(es) José Ramón Recalde Díez Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1932 Editar o valor em Wikidata
Donostia, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de xullo de 2016 Editar o valor em Wikidata (83/84 anos)
Donostia, España Editar o valor em Wikidata
Deputado do Parlamento do País Vasco
18 de decembro de 1990 – 8 de outubro de 1991 – Ignacio Latierro (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Guipúscoa
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do País Vasco Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , avogado , xurista , sindicalista , escritor , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español
Frente de Liberación Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMaría Teresa Castells (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

José Ramón Recalde Díez, nado en Donostia, Guipúscoa en 1930, e finado ibídem17 de xullo de 2016, foi un xurista, ensaísta e político socialista español que desenvolveu a súa actividade no País Vasco e foi vítima dun grave atentado da banda terrorista ETA no 2000.[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

Doutor en Dereito pola Universidade do País Vasco, foi catedrático e profesor emérito da Facultade de Ciencias Empresariais da Universidade de Deusto en Donostia.

Avogado laboralista, foi un dos fundadores da Fronte de Liberación Popular (FLP, máis coñecido por FELIPE). Foi detido e condenado en Consello de Guerra por pertenza a organizacións ilegais durante a ditadura franquista en varias ocasións, cumprindo un ano de prisión de 1962 a 1963. Nese tempo foi sometido a tortura. Incorporouse ó Partido Socialista Obreiro Español e á Unión Xeral de Traballadores. Foi avogado de sindicalistas e movementos sociais, como o antinuclear e impulsor da primeira ikastola da posguerra en Donostia.

Cando se creou o Consello Xeral Vasco, órgano preautonómico de goberno no País Vasco, foi nomeado Director de Dereitos Humanos na Consellería de Interior. Máis tarde sería conselleiro de Educación, Universidades e Investigación do Goberno Vasco de 1988 a 1991 e de Xustiza de 1991 a 1995.

Foi membro do Consello de Estado de España durante o segundo mandato do presidente do goberno José Luís Rodríguez Zapatero.

Atentado[editar | editar a fonte]

O 14 de setembro de 2000 sufriu un grave atentado de ETA preto do seu domicilio, no barrio de Igeldo, cando un activista da banda terrorista lle disparou na boca ó saír do seu coche.[2] Con anterioridade a libraría "Lagun" de Donostia, propiedade da súa esposa, María Teresa Castells, sufrira varios ataques e pintadas ameazantes contra Recalde.[3]

Obras[editar | editar a fonte]

Entre as súas obras destaca Fe de vida (ISBN 84-8310-972-7) publicada en 2004 e pola que recibiu o XVII Premio Comillas de biografía.[4] Entre os seus ensaios intelectuais destacan Integración y lucha de clases en el neocapitalismo (1982), La construcción de las naciones (1982) e Crisis y descomposición de la política (1995).

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Estaba en posesión da Orde do Mérito Constitucional e da Gran Cruz de Afonso X o Sabio. Foi elixido membro de número de Jakiunde, Academia das Ciencias, das Artes e das Letras en 2009.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]