Saltar ao contido

José Meijón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Meijón
Biografía
Nacemento1899 Editar o valor en Wikidata
Marín, España Editar o valor en Wikidata
Morte1980 Editar o valor en Wikidata (80/81 anos)
Marín, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncanteiro, escultor Editar o valor en Wikidata

José Meijón Area, coñecido como Pepe Meijón, nado en Marín en 1899 e finado no mesmo concello en 1980, foi un canteiro e escultor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1913 participou nos exploradores de Marín. Estudou na Escola Nocturna de Cultura Obreira apoiada polas Sociedades Obreiras, onde obtivo o segundo premio ao mellor canteiro da súa promoción en 1929. Afiliouse á agrupación local do PSOE de Marín en 1931. Ao parecer comezou a perder a cabeza cando volvera de facer o servizo militar. Estivo ingresado un tempo no sanatorio de Conxo, de onde escapou e volveu camiñando ata Marín.

Pasaba os días no monte, no camposanto ou preto da costa e gravaba nas laxes. Neopetroglifeiro, esculpía a pedra, escribindo e debuxando siluetas. Nos seus gravados hai mensaxes relixiosas, apocalípticas e referencias a Franco e á Falange; tamén animais, elementos cósmicos e esvásticas. Deixou un enorme legado artístico por diferentes puntos de Marín.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Labrador Méndez, Germán (Abril, maio, xuño 2019). "Que traballo común é a memoria. Arte e resistencia na Galiza de posguerra: unha introdución ao caso José Meijón". Grial LVII (222): 34–53. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]