José Luis Puente Domínguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Luis Puente Domínguez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José Luis Puente Domínguez Editar o valor em Wikidata
31 de marzo de 1918 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de febreiro de 2006 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Catedrático de universidade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncirurxián , médico Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJosé Puente Castro Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1131251

José Luis Puente Domínguez, nado o 31 de marzo de 1918 en Santiago de Compostela e finado na mesma cidade o 12 de febreiro de 2006, foi un médico galego, especializado en anatomía e patoloxía cirúrxica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia vencellada á medicina, pois seu pai era José Puente Castro, daquela un dos doutores máis importantes de Galicia. Licenciouse en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela en 1941 con premio extraordinario, ao obter a matrícula de honra en todas as materias. Foi alumno interno de Anatomía con Ángel Echeverri e axudante de cirurxía na consulta de seu pai no Hospital Provincial desde 1939 a 1942[1]. Doutorouse en Medicina pola Universidade de Madrid (1944) cunha tese sobre a cavidade medular dos ósos longos".

En 1942 acadou a praza de profesor auxiliar de Anatomía e trasladouse cunha bolsa a Viena, onde estivo traballando como axudante no Instituto Anatómico que dirixía Eduard Pernkopf, anatomista austríaco que acabaría sendo reitor da universidade vienesa. Precisamente de Pernkopf, naquela altura un membro destacado do Partido Nazi, traduciu os seis tomos da Topographische Anatomie des Menschen, coñecido como o Atlas Pernkopf. En 1945 recibe outra bolsa, neste caso do CSIC, para ir formarse ao Porto: alí traballou co anatomista portuense Hernâni Monteiro.

Accedeu á cátedra de Anatomía na Universidade de Salamanca en 1948, e ficou na capital salmantina até que se trasladou, en 1952, á Universidade de Santiago de Compostela. Dous anos despois, en 1954, foi escollido catedrático de Histoloxía e de Patoloxía Cirúrxica. Nas súas investigacións traballou a patoloxía biliar e da mama, así como en temas de citometría de cancro de colon e de mama.

A partir de 1960 traballou tamén na sanidade pública española, como cirurxián. Xubilouse en 1987 e desde aquela foi profesor emérito da Universidade de Santiago, e académico da Real Academia Española de Medicina, primeiro como correspondente logo xa, a partir de 1991, de pleno dereito. Ingresou na Academia o 21 de maio de 1991, para ocupar a cadeira de neurocirurxía, cun discurso de ingreso titulado O ensino da cirurxía[2].

Tamén foi presidente da Asociación Española de Cirurxiáns durante dous anos, entre 1982 e 1984[3].

Galardóns[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Puente Domínguez, José Luis (2004). "La cirugía que he vivido (1932-1988)". 16-12-2004 77 (3). ISSN 0009-739X. 
  2. Puente Domínguez, Jose Luis (1991). Real Academia Nacional de Medicina, ed. La enseñanza de la cirugía (en español). Consultado o 26 de abril de 2011. 
  3. "HISTORIAL DE LAS JUNTAS DIRECTIVAS DE LA AEC". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2010. Consultado o 16 de abril de 2011. 
  4. "Medallas Castelao" (en español). Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2011. Consultado o 26 de abril de 2011. 
  5. "Presidente de Honor de la Sociedad Gallega de Patología Digestiva" (en español). Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2011. Consultado o 26 de abril de 2011. 
  6. "Medallas Virgili" (en español). Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 26 de abril de 2011. 
  7. "Premio Novoa Santos" (en español). Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 26 de abril de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]