José García Acuña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé García Acuña

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xaneiro de 1873 Editar o valor em Wikidata
Betanzos, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de xuño de 1933 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Betanzos Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomático , escritor Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsFernando García Acuña Editar o valor em Wikidata

José García Acuña, nado en Betanzos o 15 de xaneiro de 1873 e finado na Coruña o 10 de xuño de 1933, foi un diplomático e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. En 1896 ingresou na carreira diplomática e foi vicecónsul en Nova York, Chicago, as illas Bermudas, Nova Orleáns e Porto Rico; cónsul na Guaira, Panamá, Hendaia, O Havre, Saint-Nazaire, Bombai, A Habana e Veracruz; e delegado de España na Comisión Hispano-Mexicana de Reclamacións. Colaborou en El Globo, Blanco y Negro, La Esfera, e Diario de la Marina. Foi director de El Noroeste e presidente da Federación Provincial Agraria en 1922. Ingresou na Real Academia Galega o 15 de novembro de 1932 co discurso Conquista y evangelización de la Nueva Galicia, contestado por Félix Estrada Catoyra[1].

Era irmán de Fernando García Acuña.

Obras[editar | editar a fonte]

  • De vita et moribus. Solaces literarios, 1913.
  • El regionalismo, 1918.
  • La Mariñana, 1923.
  • Idearium Regionalista: Esquema sintético de la evolución regionalista ibérica, 1924.
  • Conquista y evangelización de la Nueva Galicia, 1932.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. García Acuña, J.; Estrada Catoyra, F. (1932). Discursos leídos en la recepción pública del señor D. José García Acuña. Real Academia Galega. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]