José Canalejas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «José Canalejas Méndez»)
José Canalejas
José Canalejas Méndez
Datos persoais
Nacemento31 de xullo de 1854
 Ferrol
Falecemento12 de novembro de 1912
 Madrid
PaiJosé Canalejas Casas
CónxuxeMaría de la Purificación Fernández y Cadenas e María Saint-Aubin Bonnefon
FillosJosé Canalejas y Fernández
Alma máterInstituto San Isidro e Universidade Central
ProfesiónAvogado e filósofo
Na rede
Dialnet: 3593880 Find a Grave: 10503006 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

José Canalejas Méndez, nado en Ferrol o 31 de xullo de 1854 e finado en Madrid o 12 de novembro de 1912,[1] foi un político español, que exerceu o cargo de presidente do goberno entre os anos 1910 e 1912.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo de José Canalejas Casas, un enxeñeiro e político barcelonés que viñera a Ferrol en 1854 para facerse cargo da Escola de Maquinistas da Armada[2], dirixindo tamén o periódico El Eco Ferrolano[3] e da sevillana María del Amparo Méndez Romero. Instalado coa súa familia en Madrid en 1855 cursou os seus primeiros estudos no Colexio de Santoja e o bacharelato no Instituto de San Isidro. Neno prodixio, traduce ós dez anos do francés ó español unha pequena obra titulada Luis o el joven emigrado. Con só once oficia de correspondente político de prensa baixo o pseudónimo de "El cantor de Mugardos".

Inclinado por igual polas leis e polas humanidades, cursou á vez Dereito e Filosofía e Letras, doutorándose nas dúas carreiras. En 1872 é contratado como axudante da cátedra de "Principios xerais da lingua e Literatura Española". Concursa dúas veces á cátedra de Literatura na Universidade Central de Madrid pero non a consegue. A primeira vez gañounaMarcelino Menéndez Pelayo, e a segunda Antonio Sánchez Moguel.

Chegou a ocupar os máis altos cargos de diferentes institucións. Foi decano do Colexio de Avogados de Madrid e presidente da Real Academia de Lexislación e Xurisprudencia. Formou parte da Academia de Ciencias Morais e Políticas e foi membro de número da Real Academia Española da Lingua.

Simpatizante do Partido Demócrata Progresista, de ideas republicanas, abandonaría estas ideas ao se producir a restauración dinástica dos Borbóns integrándose nas filas do Partido Liberal de Sagasta, entón dirixido por Cristino Martos.

En 1876, Canalejas incorpórase ó Colexio de Avogados de Madrid, adquirindo dende os seus primeiros tempos de exercicio profesional a máis alta reputación. A súa dialéctica era áxil e contundente.

Foi deputado por Soria en 1881 e, posteriormente, por Ágreda, Alcoi e Alxeciras. Ocupou diversos cargos durante a rexencia de María Cristina (1885-1902). Foi, en 1883, subsecretario da Presidencia e a comezos de 1888 Ministro de Fomento. Máis tarde, en decembro, foino de Graza e Xustiza. No período do 17 de decembro de 1894 ó 23 de marzo de 1895 desempeñou a carteira do Ministro de Facenda, e en 1902 a de Agricultura, Industria e Comercio.

En 1910 foi nomeado xefe de goberno tras os dramáticos acontecementos da Semana Tráxica de Barcelona e a caída de Antonio Maura.

A cuestión relixiosa resolveuna na chamada Ley del Candado ("Lei do Cadeado") de 1910, que delimitaba as áreas de influencia da Igrexa e do Estado. Con relación ó problema catalán, propuxo o Proxecto de mancomunidades, en colaboración con Prat de la Riba. Interveu na cuestión marroquí, coa ocupación de Larache, Asilah e Alcazarquivir.

Foi asasinado a tiros en Madrid en 1912 polo anarquista aragonés Manuel Pardiñas Serrano, cando se encontraba mirando o escaparate dunha librería da Porta do Sol.[1][4] Foi soterrado no Panteón de Homes Ilustres de Madrid.

Obra[editar | editar a fonte]

Foi ademais de político, periodista, escritor e conferenciante. En 1875, publicou Apuntes para un curso de literatura latina en dous volumes, en 1888, Derecho parlamentario comparado e en 1910 Estudios sobre las Regalías de la Corona de España. Os seus primeiros triunfos como orador conseguiunos no Ateneo. Foron célebres os seus discursos parlamentarios sobre as reformas militares de Cassola, os de apertura da Academia de Xurisprudencia, as conferencias do casino militar.

  • Don Quijote y el derecho. Conferencia. (en castelán).
  • La política Liberal. Conversaciones con D. José Canalejas. Madrid. 1912 (en castelán).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Casanova, Julián (8 de marzo de 2021). "Pistolerismo, violencia social y asesinato de Dato, 100 años después". elpais.com (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2021. 
  2. Burgoa, Juan J. "O cento cincuenta aniversario do nacemento de José Canalejas". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2007. Consultado o 28 de decembro de 2010. 
  3. http://www.filosofia.org/ave/001/a285.htm José Canalejas Casas en Filosofía en español
  4. "El asesinato de Canalejas". Mundo Gráfico (Madrid). suplemento (Suplemento do nº 55): 21–27. 13-11-1912. ISSN 1579-847X. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Carlos Navarro Rodrigo

Ministro de Fomento

1888
Sucesor:
José Álvarez de Toledo y Acuña
Predecesor:
Manuel Alonso Martínez

Ministro de Graza e Xustiza

1888 - 1890
Sucesor:
Joaquín López Puigcerver
Predecesor:
Amós Salvador Rodrigáñez

Ministro de Facenda

1894 - 1895
Sucesor:
Juan Navarro Reverter
Predecesor:
Miguel Villanueva y Gómez

Ministro de Agricultura, Industria, Comercio y Obras Públicas

1902
Sucesor:
Félix Suárez Inclán
Predecesor:
Antonio Aguilar y Correa

Presidente do Congreso dos Diputados

1906 - 1907
Sucesor:
Eduardo Dato Iradier
Predecesor:
Segismundo Moret y Prendergast

Presidente do Consello de Ministros de España

1910 - 1912
Sucesor:
Manuel García Prieto
Predecesor:
Amós Salvador Rodrigáñez

Ministro de Graza e Xustiza

1911 - 1912
Sucesor:
Diego Arias de Miranda
Predecesor:
Vicente Romero Girón

Membro da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas
(medalla n.º 15)

1900 - 12 de novembro de 1912
Sucesor:
Manuel García Prieto