José Antonio Fernández Romero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Antonio Fernández Romero
Biografía
Nacemento5 de xullo de 1931 Editar o valor em Wikidata
Ponteareas, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de decembro de 2011 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Universidade de Islandia
Actividade
Ocupacióntradutor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios


José Antonio Fernández Romero, nado en Ponteareas o 5 de xullo do 1931 e finado en Vigo o 19 de decembro do 2011, foi un profesor universitario e tradutor galego especializado nas linguas nórdicas.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fernández Romero doutorouse en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid, cunha tese sobre as perífrases verbais en castelán e sueco.[1][2] Posteriormente, graduouse en Filoloxía Islandesa pola Universidade de Islandia.[1]

Foi profesor titular da Universidade de Vigo.[1] Entre o 1952 e o 1978, foi tamén profesor de castelán en varias universidades de Islandia, Finlandia e Suecia, incluída a propia Universidade de Islandia.[1] Traduciu a Halldór Laxness, Jóhann Hjálmarsson e Hans Christian Andersen, entre outros autores.[3]

No ano 1982, coa colaboración de Valentín Arias, verteu ao galego o libro Lendas islandesas, de Skúlli Gíslason, unha serie de contos populares islandeses.[4] Cada relato incluído nesta escolma conta cunha introdución para explicar e contextualizar o seu tema.[4]

En 1996 recibiu o Premio Nacional de Tradución de España pola antoloxía Poesía nórdica, traducido en conxunto con Francisco Uriz.[5][6][7] Esta obra reúne poemas de case 150 autores dos países nórdicos.[8]

Fernández Romero faleceu en Vigo o 19 de decembro do 2011, aos 80 anos de idade. No 2012, a Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo inaugurou o Salón de Graos "José Antonio Fernández Romero" na súa memoria.[9]

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "José Antonio Fernández Romero - Premiados Premio Nacional a la Mejor Traducción". Ministerio de Cultura. Consultado o 20-12-2023. 
  2. Fernández Romero, José Antonio (1982). "Las estructuras verbales en español y en sueco: las perífrasis" (en castelán). Universidad Complutense de Madrid. 
  3. "Fernández Romero, José Antonio (1931-)". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2023-12-20. 
  4. 4,0 4,1 "Islandesa, Literatura – PHTE · Portal digital de Historia de la traducción en España". phte.upf.edu. Consultado o 2023-12-20. 
  5. "Francisco Uriz gana el Nacional a la Obra de un Traductor". El Periódico de Aragón.com. Europa Press. 7 de novembro de 2012. Consultado o 1 de decembro de 2017. 
  6. "Filología homenajea al profesor José Antonio Fernández Romero". Faro de Vigo (en castelán). 2012-09-25. Consultado o 2023-12-20. 
  7. "Premiados Premio Nacional a la Mejor Traducción". Ministerio de Cultura. Consultado o 20-12-2023. 
  8. Samaniego, Fernando (1996-11-23). "Cultura premia las traducciones de Masó, Uriz y Fernández Romero". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-12-20. 
  9. "O fondo sentir das literaturas nórdicas seguirá sempre vivo na facultade das letras - Universidade de Vigo". www.uvigo.gal (en castelán). Consultado o 2023-12-20. 
  10. "datos.bne.es". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2023-12-20. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]