Josu Urrutikoetxea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Josu Urrutikoetxea
Nome completoJosé Antonio Urruticoechea Bengoechea
AlcumeJosu Ternera
Nacemento24 de decembro de 1950
Lugar de nacementoUgao-Miraballes
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e Dietista
editar datos en Wikidata ]

José Antonio Urruticoechea Bengoechea, nado en Ugao-Miraballes, Biscaia o 24 de decembro de 1950, tamén coñecido como Josu Ternera[1] e como Josu Urrutikoetxea Bengoetxea, é un membro histórico da organización terrorista Euskadi Ta Askatasuna (ETA)[2] e ex-deputado de Euskal Herritarrok no Parlamento Vasco.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Urrutikoetxea uniuse a ETA en 1968[4] e pertenceu a ETA-V Asemblea na que ocupou, até o seu paso á clandestinidade, o cargo de responsable político en Biscaia. En maio de 1971 foxe a Francia,[4] momento en que se incorpora á fronte militar da organización terrorista. O 15 de xullo de 1972 ataca a fábrica de Orbegozo en Hernani (Guipúscoa), roubando aproximadamente catro millóns de pesetas da época. O 28 de xullo de 1972 intervén no atraco a unha furgoneta que levaba divisas para o Banco de Biscaia na localidade de Pasaia (Guipúscoa), apoderándose de máis de 12 millóns de pesetas. O 6 de decembro do mesmo ano participa no atentado á Casa Sindical de Hernani. O 21 de xaneiro de 1973, asalta xunto a outros membros da banda unha polvoreira de Hernani conseguindo máis de 3.000 quilos de dinamita e diverso material explosivo. Unha parte destes explosivos sería empregada en decembro do mesmo ano para realizar o atentado contra Luis Carrero Branco, presidente do Goberno de Franco. Tras a morte do que fose responsable da fronte militar Eustakio Mendizabal Benito, Txikia, fíxose cargo de devanditas responsabilidades.

En 1980, entra a formar parte da executiva da organización terrorista ETA militar. En xullo de 1984 convértese no número dous de ETA. Destaca durante estes anos a súa oposición ás conversas de Alxer, entre o goberno de Felipe González e ETA, que terminarían en fracaso. Tras a morte de Txomin Iturbe Abasolo convértese no número un da organización.

En xaneiro de 1989 é detido en Baiona[2] xunto á súa muller (a dirixente de relacións exteriores de Herri Batasuna Elena Beloki Resa, quen en decembro de 2007 sería condenada pola Audiencia Nacional a 13 anos de prisión por un delito de integración en organización terrorista en calidade de dirixente). Ingresa na prisión de Fresnes, preto de París. Posteriormente sería extraditado a España, onde quedou en liberdade ó considerarse que fora xulgado en Francia por pertenza e financiamento de ETA e que os demais delitos de que se lle podía acusar prescribiran.

Dende 2002 estivo fuxido da xustiza.[5] En 2013, xunto con David Pla Martín e Iratxe Sorzabal, reuniuse con representantes do goberno de España en Noruega.[4] Norway permitiulles permanecer alí, poñendo como condición o avance á disolución definitiva de ETA. Cando isto non ocorreu, os tres foron expulsados do país.[6] Foi detido en Francia o 16 de maio de 2019,[7] nun hospital de Salenches. O Tribunal de Apelación de París deixouno baixo liberdade provisional en xuño de 2019 pasando por controis xudiciais e sen poder saír do país.[1][8]

Actividade política[editar | editar a fonte]

A finais da década de 1990 foi deputado do Parlamento Vasco, electo en Biscaia polas listas de Euskal Herritarrok, que despois sería ilegalizada. Foi, así mesmo, membro da Comisión de Dereitos Humanos de dita cámara.

Foi citado a declarar en dúas ocasións ante o Supremo quen investigou se deu a orde de cometer o atentado contra a casa cuartel da Garda Civil de Zaragoza en 1987, no que morreron once persoas, entre elas cinco nenos.[9] Fuxiu de España en novembro de 2003 ó ser imputado polo atentado, permanecendo dende entón en paradoiro descoñecido.

En decembro de 2011, o Departamento de Estado dos Estados Unidos incluíuno na lista de terroristas polo seu rol decisivo na banda ETA, conxelando todos os seus bens e contas que puidese ter en chan norteamericano ó constituír unha ameaza para o país.[10]

Enfermidade[editar | editar a fonte]

En novembro de 2008 sóubose que padecía un cancro terminal de estómago, segundo fontes da loita antiterrorista española, e que se atopaba en tratamento dende había anos. Ditas fontes consideraron que estaba apartado da dirección de ETA.[11] Con todo, tras o anuncio en outubro de 2011 do cesamento definitivo da súa actividade armada, a policía española considerouno de novo á fronte da organización xunto con David Pla e Iratxe Sorzabal.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "L'etarra Josu Ternera ix en llibertat sota control judicial". À Punt. 19 de xuño de 2019. Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  2. 2,0 2,1 Terradillos, Ana (16 de maio de 2019). "Detenido el histórico dirigente de ETA Josu Ternera, huido de España en 2002". Cadena SER. Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  3. "Ficha persoal de Josu Urrutikoetxea en Parlamento Vasco". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 22 de novembro de 2016. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Ormazabal, Mikel (16 de maio de 2019). "Josu Ternera, toda una vida de mando en el terror". El País (en castelán) (Madrid). Consultado o 31 de xullo de 2020. 
  5. Cerdán, Manuel (22 de xullo de 2004). "'Josu Ternera' el 14-F: "Se van a enterar los españoles de lo que somos capaces"". elmundo.es (en castelán) (Madrid: Mundinteractivos, S.A.). Consultado o 13 de febreiro de 2018. 
  6. "Norway expels three ETA members after seeing no moves toward a peace process". El País. 5 de marzo de 2013. Consultado o 17 de abril de 2015. 
  7. Águeda, Pedro (16 de maio de 2019). "Detenido en Francia el ex jefe político de ETA 'Josu Ternera'". eldiario.es (en castelán). Consultado o 17 de maio de 2019. 
  8. Naiz, ed. (2020-07-30). "Josu Urrutikoetxea abandona la prisión de La Santé" (en castelán). Consultado o 2020-07-30. 
  9. "REPORTAJE:OFENSIVA TERRORISTA - Zaragoza: cinco ataúdes blancos". El País. 2 de agosto de 2009. Consultado o 9 de decembro de 2021. 
  10. Público. "EEUU incluye a Josu Ternera en su lista de terroristas". 
  11. Un cancro terminal aparta a Josu Tenreira da dirección da banda terrorista ETA
  12. J. A. Carpio. "ETA escenifica su sellado de armas con dos encapuchados, una mesa y una copia del 'Guernica'". RTVE. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]