Josu Ortuondo Larrea
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de febreiro de 1948 (76 anos) Bilbao, España |
Eurodeputado | |
20 de xullo de 2004 – 13 de xullo de 2009 Lexislatura: VI lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: España Electo en: eleccións ao Parlamento Europeo de 2004 | |
Eurodeputado | |
20 de xullo de 1999 – 19 de xullo de 2004 Lexislatura: V lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: España Electo en: eleccións ao Parlamento Europeo de 1999 | |
Alcalde de Bilbao | |
17 de xuño de 1991 – 2 de xullo de 1999 ← Jesús María Duñabeitia – Iñaki Azkuna Urreta → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Deusto - economía (–1975) Universidade Complutense de Madrid - posgrao |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estrasburgo Bruxelas |
Ocupación | empregado de banca (1969–1987), político |
Partido político | Euzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco |
Josu Ortuondo Larrea, nado en Bilbao o 13 de febreiro de 1948, é un economista e político vasco do Partido Nacionalista Vasco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Ciencias Económicas en 1975 pola Universidade de Deusto, mestrado en dirección de empresas, en 1982 fixo un posgrao na Universidade Complutense de Madrid. De 1969 a 1987 traballou como directivo bancario. Foi presidente da empresa Bilbogas, S.A. e Bilbao Ría 2000, S.A. (1993-1999). Foi xefe da Xunta das Caixas de Aforros (1995-1999) e presidente da Feira Internacional de Bilbao (1991-1999).
Membro do Partido Nacionalista Vasco dende moi novo, formou parte do Bizkai Buru Batzar (1980-1982), e de 1987 a 1991 foi Director Xeral de Euskal Irrati Telebista (EITB). De 1991 a 1999 foi alcalde do concello de Bilbao e presidente do Consello Municipal do País Vasco. De 1994 a 1999 foi membro do Comité Executivo do Consello de Municipios e Rexións Europeas e presidente de Eurocities de 1998 a 1999.
Foi elixido deputado pola Coalición Nacionalista nas eleccións ao Parlamento Europeo de 1999 e pola coalición Galeusca-Pobos de Europa nas eleccións europeas de 2004. Durante o seu mandato foi membro dos grupos parlamentarios Verdes-Alianza Libre Europea (1999-2004) e Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa (2004-2009). Entre outros cargos, foi membro da Comisión de Transportes e Turismo. Participou nas delegacións para as relacións cos países de América Central e a Delegación na Asemblea Parlamentaria Unión Europea-América Latina.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha no Parlamento Europeo.
- Josu Ortuondo, na Enciclopedia Auñamendi.