Saltar ao contido

Joshua Lederberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoshua Lederberg

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de maio de 1925 Editar o valor en Wikidata
Montclair Editar o valor en Wikidata
Morte2 de febreiro de 2008 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Nova York Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Yale - botánica (–1948)
Stuyvesant High School
Universidade Columbia
Universidade de Wisconsin-Madison Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMicrobioloxía e xenética Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxenetista, investigador da intelixencia artificial, médico, zoólogo, informático teórico, biólogo molecular, profesor universitario, microbiólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Wisconsin-Madison
Universidade Stanford
Universidade Rockefeller Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesado enXenética Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoNorton Zinder (pt) Traducir, M. Laurance Morse (pt) Traducir e Ronald Harris-Warrick (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeEsther Lederberg Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Ледерберг Джошуа) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX996899 WikiTree: Lederberg-5 Find a Grave: 24569726 Editar o valor en Wikidata

Joshua Lederberg[1] (nado o 23 de maio de 1925 – finado o 2 de febreiro de 2008)[2] foi un biólogo molecular estadounidense coñecido polos seus traballos en xenética microbiana, intelixencia artificial e o programa espacial estadounidense. Aos 33 anos recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina de 1958 polo descubrimento de que as bacterias poden aparearse e intercambiar xenes (conxugación bacteriana).[3] Compartiu ese premio con Edward Tatum e George Beadle, que o gañaron polo seu traballos en xenética.

Ademais da súa contribución á bioloxía, Lederberg fixo amplas investigacións en intelixencia artificial. Isto incluíu traballos para os programas experimentais da NASA para a busca de vida en Marte e no sistema experto de química Dendral.

Primeiras etapas da vida e educación

[editar | editar a fonte]

Lederberg naceu en Montclair, Nova Jersey nunha familia xudea, fillo de Esther Goldenbaum Schulman Lederberg e o rabino Zvi Hirsch Lederberg, en 1925, e a familia mudouse a Washington Heights, Manhattan cando era un neno de meses.[4] Tiña dous irmáns máis novos. Graduouse na Stuyvesant High School de Nova York aos 15 anos en 1941.[5] Despois da súa graduación, déuselle un sitio no laboratorio como parte o Laboratorio de Ciencias do Instituto Americano, un antecedente do que sería despois o Westinghouse Science Talent Search. Matriculouse na Universidade de Columbia en 1941, especializándose en zooloxía. Baixo a tutoría de Francis J. Ryan, realizou estudos bioquímicos e xenéticos sobre o balor do pan Neurospora crassa. Coa intención de obter o seu título de médico (MD) e completar as súas obrigacións no servizo militar, Lederberg traballou como médico militar nun hospital en 1943 no laboratorio de patoloxía clínica no Hospital Naval de St. Albans, onde analizaba mostras de sangue e feces dos pacientes buscando casos de malaria. Continuou alí ata recibir o seu grao universitario en 1944.

Xenética bacteriana

[editar | editar a fonte]
Lederberg coa súa muller Esther Lederberg, unha famosa microbióloga e figura feminista,[6] e os seus amigos Gunther Stent e Sydney Brenner en 1965.

Joshua Lederberg comezou os seus estudos médicos no Colexio de Médicos e Cirurxiáns de Columbia mentres continuaba facendo experimentos. Inspirado polo descubrimento de Oswald Avery sobre a demostración de que o ADN era o material xenético, Lederberg empezou a investigar a súa hipótese de que, en contra da opinión prevalecente, as bacterias non sempre pasaban copias exactas de información xenética á proxenie, o que de producirse faría que toda unha liñaxe fose esencialmente un clon. Despois de facer poucos progresos en Columbia, Lederberg escribiu a Edward Tatum, o titor posdoutoral de Ryan, propoñéndolle unha colaboración. En 1946 e 1947, Lederberg tomou unha licenza para estudar baixo a titoría de Tatum na Universidade Yale. Lederberg e Tatum mostraron que a bacteria Escherichia coli entraba nunha fase sexual durante a cal compartía información xenética por medio de conxugación bacteriana.[7][8] Con este descubrimento e mapados do cromosoma de E. coli, Lederberg conseguiu o seu doutoramento (Ph.D.) en Yale en 1947.[9] Joshua casou con Esther Miriam Zimmer (que era estudante de Edward Tatum) o 13 de decembro de 1946.

En vez de volver a Columbia para acabar os seus estudos de medicina, Lederberg decidiu aceptar unha oferta de profesor axudante de xenética na Universidade de Wisconsin–Madison. A súa muller Esther Lederberg foi con el a Wisconsin, onde ela se doutorou en 1950.

Joshua Lederberg e Norton Zinder demostraron en 1951 que o material xenético podía ser transferido dunha cepa da bacteria Salmonella typhimurium a outra usando material viral como paso intermedio.[10] Este proceso chámase transdución. En 1956, M. Laurance Morse, Esther Lederberg e Joshua Lederberg tamén descubriron a transdución especializada.[11][12] A investigación na transdución especializada centrouse na infección do fago lambda en E. coli. A transdución e a transdución especializada explicaban como bacterias de diferentes especies podían obter resistencia a un mesmo antibiótico moi rapidamente.

Durante o tempo que pasou no laboratorio de Joshua Lederberg, Esther Lederberg tamén descubriu o factor F de fertilidade, posteriormente publicado con Joshua Lederberg e Luigi Luca Cavalli-Sforza. En 1956, a Sociedade de Bacteriólogos de Illinois premiou simultaneamente a Joshua Lederberg e Esther Lederberg coa Medalla Pasteur polas "súas excepcionais contribucións nos campos da microbioloxía e da xenética".

En 1957 Joshua Lederberg fundou o Departamento de Xenética Médica na Universidade de Wisconsin–Madison. Foi profesor visitante de Bacterioloxía na Universidade de California, Berkeley no verán de 1950[13] e na Universidade de Melbourne (1957). Ademais, en 1957 foi elixido membro da Academia Nacional de Ciencias.[5]

Gustav Nossal consideraba a Lederberg como o seu mentor, describíndoo como "rápido como un raio" e "amante dun robusto debate."[14]

Investigacións despois do premio Nobel

[editar | editar a fonte]
Lederberg en 1958

En 1958, Joshua Lederberg recibiu o premio Nobel e trasladouse á Universidade Stanford, onde foi o fundador e xefe do Departamento de Xenética. Colaborou con Frank Macfarlane Burnet no estudo dos anticorpos virais.[15]

Co lanzamento de Sputnik 1 soviético en 1957, Lederberg quedou preocupado polo impacto biolóxico que podería ter a exploración espacial. Nunha carta á Academai Nacional das Ciencias, explicou a súa preocupación sobre os posibles microbios extraterrestres que poderían entrar na Terra a bordo das naves espaciais, causando doenzas catastróficas. Tamén argumentou que, inversamente, a contaminación microbiana de satélites artificiais e sondas espaciais poden escurecer a investigación da vida extrateerreste. Aconsellou facer corentenas ao retorno dos astronautas e do equipamento e a esterlización do equipamento antes de lanzalo. Formando equipo con Carl Sagan, o seu apoio público ao que denominou exobioloxía axudou a espallar o papel da bioloxía na NASA.[16]

Lederberg foi elixido membro da Academia Americana de Artes e Ciencias en 1959 e a Sociedade Filosófica Americana en 1960.[17][18]

Na década de 1960 colaborou con Edward Feigenbaum no Departamento de Ciencias da Computación de Stanford para desenvolver DENDRAL, un proxecto de intelixencia artificial en química.[15]

En 1978, converteuse en presidente da Universidade Rockefeller, ata que renunciou en 1990 e pasou a ser profesor emérito de xenética molecular e informática nesa mesma universidade, o que é un reflexo das súas amplas investigacións e publicacións nestas disciplinas.[19][20]

Lederberg (á dereita) recibindo a Medalla Nacional de Ciencia de mans de George H. W. Bush.

Ao longo da súa carreira, Lederberg estivo activo como asesor científico do goberno estadounidense. Desde 1950 foi membro de varios paneis do Comité Asesor Científico Presidencial. En 1979 converteuse en membro da Oficina de Ciencia da Defensa dos Estados Unidos e director do Panel do Cancro do Presidente de Jimmy Carter. En 1989 outorgáronlle a Medalla Nacional de Ciencia polas súas contribucións ao mundo científico. En 1994, encabezou o Corpo Especial sobre os Efectos na Saúde da Guerra do Golfo Pérsico do Departamento de Defensa, que investigaba a síndrome da guerra do Golfo.

Durante unha misión de busca de feitos de 1986 da epidemia de bacteria do ántrax na Unión Soviética de 1979 que matou a 66 persoas na cidade de Sverdlovsk (agora Iekaterinburgo, Rusia),[21] Lederberg coinciciu cos soviéticos en que o gromo empezou cunha transmisión de animal a humano, e dixo: "Espállanse rumores salvaxes en cada epidemia", "A actual explicación soviética é moi probable que sexa verdade."[22] Despois da caída da Unión Soviética e posteriores investigacións nos Estados Unidos a inicios da década de 1990, un equipo de científicos confirmou que o gromo fora causado por un aerosol do patóxeno do ántrax procedente dunha instalación militar próxima, e este escape dun laboratorio é un dos máis mortíferos que foi documentado.[23][24]

Pensamento social e político

[editar | editar a fonte]

Eufénica

[editar | editar a fonte]

Eufénica, que literalmente significa "boa aparencia" ou "aparencia normal", é a ciencia de facer melloras fentípicas nos humanos antes de nacer, xeralmente para afectar a condicións xenéticas problemáticas. Lederberg acuñou o termo na década de 1960 para diferenciar esta práctica da euxénese, a cal era moi impoplar nesa época e coniderábase "pervertida para xustificar unha inhumanidade impensable".[25][26][27] (Algúns comentadores consideran, non obstante, que esta era unha forma de euxénese.)[28] Salientou que a manipulación xenética que el describía pretendía traballar sobre o fenotipo en vez de sobre o xenotipo; pensaba que era máis factible para cambiar positivamente o fenotipo dun individuo por medio de terapia xénica ou substitución de encimas en lugar de intentar cambiar o curso da evolución como propoñían os euxenistas.[29] Theodosius Dobzhansky, un aberto partidario da eufénica, argumentando que ao mellorar as condicións xenéticas para que a xente poida facer unha vida normal sa, podía diminuírse o efecto destas condicións, o que diminuiría o interese futuro na euxénese ou outros tipos de manipulación xenética.[30]

Na década de 1970 fixéronse importantes esforzos para desenvolver o campo da eufénica, xa que se consideraba unha forma positiva de enxeñaría xenética.[31] Unha das primeiras aplicacións publicadas da eufénica foi o uso de vitaminas que contiñan ácido fólico durante o embarazo para combater as deficiencias do tubo neural, como a espiña bífida, na década de 1970.[32] Porén, a ciencia médica estivera usando estratexias eufénicas anos antes de que se acuñase o termo.[33] A eufénica utilízase hoxe na comunidade médica e máis xeralmente refírese a métodos para afectar unha condición xenética de maneira positiva por medio da dieta, estilo de vida ou ambiente, como o uso de insulina para controlar a diabetes ou a instalación dun marcapasos para compensar un defecto cardíaco.[34]

Premios e honras

[editar | editar a fonte]
O cráter de impacto Lederberg no planeta Marte.

Lederberg casou coa científica Esther Miriam Zimmer en 1946, da que se divorciou en 1966. Casou despois coa psiquiatra Marguerite Stein Kirsch en 1968. Sobrevivírono Marguerite, a súa filla Anne Lederberg e o seu fillastro David Kirsch.

  1. Bodmer, W.; Ganesan, A. (2011). "Joshua Lederberg. 23 de maio de 1925 – 2 de febreiro de 2008". Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society 57: 229–251. doi:10.1098/rsbm.2010.0024.
  2. "News". rockefeller.edu. Arquivado dende o orixinal o 2016-03-06. Consultado o 2008-02-05.
  3. Warwick, K. "The Joshua Lederberg Papers: Profiles in Science, National Library of Medicine", Biography, Volume 24, Número 4, outono de 2001, pp. 978-982
  4. Broad, William J. "Joshua Lederberg, 82, a Nobel Winner, Dies" Arquivado 2018-11-30 en Wayback Machine., The New York Times, 5 de febreio de 2008. Consultado o 29 de outubro de 2018. "Dr. Lederberg naceu o 23 de maio de 1925, en Montclair, N.J., de Zvi Hirsch Lederberg, un rabino, e Esther Goldenbaum, que emigraran do que hoxe é Israel dous anos antes. A súa familia mudouse á sección dos Washington Heights de Manhattan cando el tiña 6 meses de idade."
  5. 1 2 "Joshua Lederberg – The Nobel Prize in Physiology or Medicine 1958 – Biography". 1958. Arquivado dende o orixinal o 2015-09-15. Consultado o 2007-10-31.
  6. Schindler, Thomas E. "The Lederbergs' Stanford Years, 1959–1976: Growing Apart, the Collaborative Couple Divorce". A Hidden Legacy: The Life and Work of Esther Zimmer Lederberg (Oxford University Press): 117–129. ISBN 978-0-19-753167-9. doi:10.1093/oso/9780197531679.003.0014. Consultado o 25 agosto de 2021.
  7. Lederberg, J.; Tatum, E. L. (1946). "Gene Recombination in Escherichia Coli". Nature 158 (4016): 558. Bibcode:1946Natur.158..558L. PMID 21001945. doi:10.1038/158558a0.
  8. Zinder, N. D.; Lederberg, J. (1952). "Genetic Exchange in Salmonella". Journal of Bacteriology 64 (5): 679–699. PMC 169409. PMID 12999698. doi:10.1128/JB.64.5.679-699.1952.
  9. Lederberg, Joshua (1948). Genetic recombination in Escherichia coli (Ph.D.). Yale University. OCLC 702748249. ProQuest 301844625. Arquivado dende o orixinal o 2024-12-24. Consultado o 2022-07-20.
  10. Griffiths, Anthony JF; Miller, Jeffrey H.; Suzuki, David T.; Lewontin, Richard C.; Gelbart, William M. (28 de setembro de 2018). "Transduction". An Introduction to Genetic Analysis. 7ª Edición. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2020. Consultado o 28 de setembro de 2018 vía www.ncbi.nlm.nih.gov.
  11. Morse, M. L.; Lederberg, E. M.; Lederberg, J. (1956). "Transduction in Escherichia Coli K-12". Genetics 41 (1): 142–156. PMC 1209761. PMID 17247607. doi:10.1093/genetics/41.1.142.
  12. Morse, M. L.; Lederberg, E. M.; Lederberg, J. (1956). "Transductional Heterogenotes in Escherichia Coli". Genetics 41 (5): 758–779. PMC 1209815. PMID 17247661. doi:10.1093/genetics/41.5.758.
  13. "University of Wisconsin-Madison Archives Oral History Project (Joshua Lederberg)". U.S. National Library of Medicine. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de xullo de 2020. Consultado o 5 de abril de 2018.
  14. "Sir Gustav Nossal in Forging the Path – A Find My Pathway Interview". Find My Pathway. 30 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 6 de decembro de 2018. Consultado o 31 de outubro de 2018.
  15. 1 2 Herzenberg, Leonore; Rindfleisch, Thomas; Herzenberg, Leonard (1 de decembro de 2008). "Joshua Lederberg: The Stanford Years (1958–1978)". Annual Review of Genetics (en inglés) 42 (1): 19–25. ISSN 0066-4197. PMID 18983254. doi:10.1146/annurev.genet.072408.095841. Consultado o 23 de febreiro de 2023.
  16. Scharf, Caleb (21 de xaneiro de 2016). "How the Cold War Created Astrobiology". Nautilus. Arquivado dende o orixinal o 2016-01-23. Consultado o 2016-01-24.
  17. "Joshua Lederberg". American Academy of Arts & Sciences (en inglés). Consultado o 2022-11-29.
  18. "APS Member History". search.amphilsoc.org. Consultado o 2022-11-29.
  19. Center for Oral History. "Joshua Lederberg". Science History Institute. Arquivado dende o orixinal o 2018-02-23. Consultado o 2018-02-22.
  20. Center for Oral History. "Joshua Lederberg". Science History Institute.
  21. "AAAS". Arquivado dende o orixinal o 2022-07-07. Consultado o 2022-06-30.
  22. "Readonly NLM-id ssim: 101584906X18717 – Joshua Lederberg – Profiles in Science Search Results".
  23. Troianovski, Anton; Matsnev, Oleg (20 de xuño ce 2021). "Soviets Once Denied a Deadly Anthrax Lab Leak. U.S. Scientists Backed the Story". The New York Times (Yekaterinburg).
  24. "The 1979 Anthrax Leak | Plague War | Frontline". PBS. Arquivado dende o orixinal o 2008-09-17. Consultado o 2021-06-21.
  25. Bud, Robert. The Uses of Life: A History of Biotechnology, Cambridge University Press, 1993, p. 167
  26. Khanna, Pragya. Essentials of Genetics, I. K. International Pvt Ltd, 2010, p. 367
  27. Lederberg, Joshua. "Molecular Biology, Eugenics and Euphenics", Nature 63(198), p. 428
  28. Lynn, Richard (1997). Dysgenics: Genetic Deterioration in Modern Populations. Praeger Publishers. p. 15. ISBN 9780275949174.
  29. Lederberg, Joshua. "Molecular Biology, Eugenics and Euphenics", Nature 63(198), p. 428
  30. Minkoff, Eli and Baker, Pamela. Biology Today: An Issues Approach, Taylor & Francis, 2000, p. 115
  31. Pai, Anna. Foundations of Genetics: A Science for Society, McGraw-Hill, 1974, p. 408
  32. Burdyuzha, Vladimir. The Future of the Universe and the Future of our Civilization, World Scientific, 2000, pp. 261−263
  33. Guttman, Burton. Genetics: The Code of Life, The Rosen Publishing Group, 2011, p. 101
  34. Maxson, Linda and Daugherty, Charles. Genetics: A Human Perspective, W. C. Brown, 1992, p. 391
  35. "Benjamin Franklin Medal for Distinguished Achievement in the Sciences Recipients". American Philosophical Society. Arquivado dende o orixinal o 1 de agosto de 2010. Consultado o 26 de novembro de 2011.
  36. "Planetary Names: Crater, craters: Lederberg on Mars". planetarynames.wr.usgs.gov. Arquivado dende o orixinal o 2013-02-22. Consultado o 2012-08-03.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]