Josephine Hull

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Josephine Hull
Harvey trailer Hull.png
Nome completoMary Josephine Sherwood
Nacemento3 de xaneiro de 1877
LugarNewtonville, Massachusetts
Falecemento12 de marzo de 1957 (80 anos)
LugarNova York
Causahemorraxia cerebral
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Educada enRadcliffe College, Universidade Harvard e Conservatório de Música da Nova Inglaterra
Cónxuxe(s)Shelly Hull (1910-1919)
ProfesiónActriz e directora
Na rede
IMDB: nm0401449 Allocine: 3851 Allmovie: p33882 TCM: 90620 IBDB: 45928
WikiTree: Sherwood-2987 Find a Grave: 1872 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Mary Josephine Sherwood, nada en Newtonville (Massachusetts) o 3 de xaneiro de 1877[1] e finada en Nova York o 12 de marzo de 1957 foi unha actriz e directora de teatro estadounidense coñecida como Josephine Hull.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hull naceu en Massachusetts en 1877. Porén anos máis tarde quitouse anos.

Debutou como actriz en 1905 e tras anos como moza do coro casou co actor Shelly Hull en 1910. Trala temperá morte do seu marido retirouse ata 1923. Ao volver á interpretación comezou a empregar o seu nome de casada. O seu primeiro grande éxito foi Craig's Wife en 1926. Durante as décadas seguintes apareceu en tres grandes éxitos de Broadway, You Can't Take It With You (1936), Arsenic and Old Lace (1941) e Harvey (1944). Apareceu tamén nas adaptacións cinematográficas destas dúas últimas obras, gañando o Oscar á mellor actriz secundaria por Harvey.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme
1929 The Bishop's Candlesticks
1932 Careless Lady
After Tomorrow
1944 Arsenic and Old Lace
1950 Harvey
1951 The Lady from Texas

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Os censos de 1880 (Massachusetts, Middlesex, Newton Ward 2, District 474, page 55) e 1900 (Massachusetts, Middlesex, Newton Ward 2, District 895, page 19) indican que Mary Josephine Sherwood naceu de William Sherwood e Mary E. Tewksbury Sherwood en Massachusetts en xaneiro de 1877.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Carson, William Glasgow Bruce, Dear Josephine, the Theatrical Career of Josephine Hull, Norman: University of Oklahoma Press, 1963

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]