Joseph Williams
![]() (2013) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Joseph Stanley Williams ![]() 1 de setembro de 1960 ![]() Santa Monica, Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Grant High School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Música cinematográfica ![]() |
Ocupación | compositor, cantautor, compositor de bandas sonoras, cantante, artista discográfico ![]() |
Período de actividade | 1982 ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock, hard rock, pop rock, adult contemporary e música cinematográfica ![]() |
Influencias | |
Instrumento | Teclado e voz ![]() |
Familia | |
Pais | John Williams ![]() ![]() |
Sitio web | josephwilliams.totoweb.org ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Joseph Stanley Williams, nado o 1 de setembro de 1960, é un cantante, escritor e compositor de bandas sonoras estadounidense. Foi o vocalista principal da banda de rock Toto de 1986 a 1988 e de novo desde 2010. É fillo da actriz Barbara Ruick e do prolífico compositor John Williams.[1] Fóra de Toto, traballou como compositor e vocalista de estudo, incluíndo a voz cantante do Simba adulto no filme de animación de 1994 The Lion King.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Toto
[editar | editar a fonte]Williams foi vocalista de Toto na década de 1980, nos álbums Fahrenheit (1986) e The Seventh One (1988) antes de marchar por problemas persoais. Tamén aparece no álbum Toto XX (1998), unha recompilación de temas raros e inéditos, e no álbum de 2006 de Toto, Falling in Between, compartindo a voz principal con Steve Lukather en "Bottom of Your Soul".
Williams reincorporouse a Toto tras a súa reforma en 2010 e tocou nos últimos álbums en directo da banda e no álbum de estudo de 2015 Toto XIV. Cando o grupo se disolveu en 2019 e posteriormente se reformou en 2020, Williams foi o único membro da formación anterior ademais de Lukather e os membros de xira Warren Ham e Xavier Taplin en regresar.
Traballo en solitario como cantante
[editar | editar a fonte]Joseph Williams lanzou o seu primeiro álbum en 1982. Despois do seu primeiro período con Toto, lanzou outros nos que colaboraron moitos membros do grupo. En 2003, liderou o proxecto Vertigo, publicando o álbum homónimo e encargándose da gravación e da voz.[2] O seguimento, Vertigo 2, chegou en 2006. No mesmo ano, lanzou "Two of Us", un álbum de versións con piano de cancións de artistas recoñecidos como Elton John e Bryan Adams. Continuou este formato en 2007 con Smiles and Tears. O seu último álbum de cancións orixinais, This Fall, foi lanzado en 2008.
Traballo como compositor de cine
[editar | editar a fonte]Joseph Williams tamén estivo ocupado como compositor de partituras de filmes e series, como as de ciencia ficción Roswell e The Lyon's Den.
Foi o autor das letras das cancións "Lapti Nek" e "Ewok Celebration" de O retorno do Jedi, compostas polo seu pai, John Williams.[3][4] Colaborou de novo co seu pai en The Phantom Menace (1999) e Attack of the Clones (2002).
En 2003, foi nomeado a un Emmy pola serie Miracles.[2] As músicas da miniserie da CBS Category 7: The End of the World e do telefilme Momentum foron compostas por el.[5][6]
Traballos de sesión
[editar | editar a fonte]Williams foi moi demandado como vocalista de sesións e pódese escoitar en numerosos proxectos doutros artistas, así como en BSOs.
En 1985 cantou a voz para a sintonía da serie Gummi Bears de Disney.[7] Proporcionou coros en World Falling Down de Peter Cetera e participou no álbum Airplay for the Planet de Jay Graydon e In the City of Angels de Jon Anderson en 1988. Na longa de animación de Disney The Lion King, canta nas cancións "Hakuna Matata" e "Can You Feel the Love Tonight", e participou no filme Mickey's Magical Christmas: Snowed in at the House of Mouse. En 1997 e 1998, cantou a capella con The West Coast All Stars, xunto a Bobby Kimball entre outros. Cantou tamén varias cancións do grupo Chicago e coescribiu "What You're Missing" do álbum Chicago 16.[8] Ademais, fixo coros en catro álbums de Steve Lukather.

Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de Toto
[editar | editar a fonte]- 1986: Fahrenheit
- 1988: The Seventh One
- 1998: Toto XX (voz principal en "Last Night" e "In A Word")
- 2006: Falling in Between (co-voz principal e coros de fondo en "Bottom Of Your Soul")
- 2015: Toto XIV
- 2018: Old Is New
Álbums solistas
[editar | editar a fonte]- 1982: Joseph Williams (reeditado en 2002)
- 1996: I am alive
- 1997: 3
- 1999: Early Years
- 2003: Vertigo
- 2006: Two of Us
- 2006: Vertigo 2
- 2007: Smiles
- 2007: Tears
- 2008: This Fall
- 2021: Denizen Tenant [9]
con Peter Friestedt
[editar | editar a fonte]- 2011: Williams/Friestedt
con CWF - Bill Champlin / Peter Friestedt / Joseph Williams
[editar | editar a fonte]Voz convidada (escolma)
[editar | editar a fonte]- 1983: Lapti Nek (Urth)
- 1984: Which One of Us Is Me (Jay Gruska)
- 1985: Save the Night (BSO de The Goonies)
- 1985: Sleepess Nights (Alan Gorrie)
- 1985: Adventures of the Gummi Bears (Disney)
- 1988: In the City of Angels (Jon Anderson)
- 1989: My Heart in Red (Ijiima Mari)
- 1990: Tatsuro Songs from L.A. (Recompilación)
- 1990: Toy Matinee (Toy Matinee)
- 1991: Tatsuro Songs from L.A. 2 (Recompilación)
- 1991: Fade in Love (Recompilación)
- 1992: Re-Import (Recompilación)
- 1992: Goody's (Recompilación)
- 1992: The Radical Light (Vonda Shepard)
- 1993: Airplay for the Planet (Jay Graydon)
- 1993: L.A. Cowboys / Endless Summer (Recompilación)
- 1994: Love Stories 3 (Recompilación)
- 1994: The Lion King (Original Movie Soundtrack)
- 1997: California Dreamin' (West Coast All Stars)
- 1998: Naturally (West Coast All Stars)
- 1999: ELT Songs from L.A. (Recompilación)
- 1999: In a Dream (Lionel's Dad)
- 2001: Radioactive (Ceremony Of Innocence)
- 2002: LA Project (Peter Friestedt)
- 2006: Avalon (The Richie Zito Project)
- 2008: LA Project II (Peter Friestedt)
- 2008: Holy God (Brian Doerksen)
- 2014: My Kind O' Lovin' (Intelligent Music Project II)
- 2015: Touching the Divine' (Intelligent Music Project III)
- 2015: CWF (Champlin, Williams, Friestedt)
- 2018: 10 Miles/CWF (Champlin, Williams, Friestedt)
- 2020: CWF II (Champlin, Williams, Friestedt)
- 2023: Carrie (Champlin, Williams, Friestedt)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Joseph Williams talks about music, life during Toto's 40th trip around the sun". The Slate (en inglés). Consultado o 2024-11-04.
- ↑ 2,0 2,1 "Vertigo". melodicrock.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2018. Consultado o 04 de novembro de 2024.
- ↑ "Jabba the Hutt’s favourite disco song". Little White Lies (en inglés). Consultado o 2024-11-04.
- ↑ Ambas foron substituídas por novas composicións na Edición Especial de 1997.
- ↑ "Category 7: The End of the World (TV Mini Series 2005) - IMDb". Consultado o 2024-11-04.
- ↑ "Momentum (TV Movie 2003) - IMDb". Consultado o 2024-11-04.
- ↑ Sweedo, Nicholas (2015-09-28). "Disney Song #48: Gummi Bears / The Silvershers: A Conversation ~ The MacGyver Project". Disney Song #48. Consultado o 2024-11-04.
- ↑ "Song Search for "what youre missing"". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-11-04.
- ↑ "Joseph-Williams-Denizen-Tenant-released-26th-february-2021-via-the-players-club-mascot-label-group". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Joseph Williams ![]() |