Joseph Anthony Ferrario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Joseph Anthony Ferrario
Bispo da Igrexa católica latina
Biografía
Nacemento3 de marzo de 1926 en Scranton, Pensilvania, Estados Unidos
Pasamento12 de decembro de 2003 en Honolulu, Hawai, Estados Unidos
Ordes
Ordenación sacerdotal19 de maio de 1951
Consagración episcopal13 de xaneiro de 1978, por John Joseph Scanlan
Bispo de Honolulu
1982 - 1993
PredecesorJohn Joseph Scanlan
SucesorFrancis Xavier DiLorenzo
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Joseph Anthony Ferrario, nado o 3 de marzo de 1926 en Scranton (Pensilvania) e finado o 12 de decembro de 2003 en Honolulu, foi un eclesiástico católico latino estadounidense, bispo de Honolulu dende 1982 até 1993.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Joseph Anthony Ferrario naceu en Scranton o 3 de marzo de 1926, o segundo fillo de Angelo e Angelina Scranton.[1] Logo de rematar a súa educación, estudou no seminario de Baltimore e anos despois entrou na Compañía Sacerdotal de San Sulpicio.[1] Logo de completar os seus estudos de Teoloxía na Universidade Católica de América, foi ordenado sacerdote en Scranton o 19 de maio de 1951.[1][2]

Comezou o seu ministerio na arquidiocese de San Francisco, como profesor no seminario de San Xosé en Mountain View, levado polos sulpicianos.[1] En 1957 foi trasladado ao seminario de Santo Estevo en Honolulu, e dez anos máis tarde incardinouse na diocese hawaiana.[1][3] Durante estes anos exerceu diversas tarefas amais da docencia: foi director das mocidades católicas, presidente do consello presbiteral e da comisión de liturxia, xestor do programa de vocacións, secretario do bispo John Joseph Scanlan e párroco das igrexas da Santa Trindade en Honolulu e de Santo Antón en Kailua.[1][3]

Bispo[editar | editar a fonte]

O 8 de novembro de 1977 Ferrario foi nomeado bispo auxiliar de Honolulu e bispo titular de Cusae polo papa Paulo VI.[1][4][2] Recibiu a consagración episcopal o 13 de xaneiro de 1978 de mans do bispo de Honolulu John Joseph Scanlan, e tivo como co-consagradores principais ao arcebispo de San Francisco John Raphael Quinn e ao bispo auxiliar de Scranton James Clifford Timlin.[5][4][2]

O 13 de maio de 1982 foi nomeado bispo de Honolulu.[2][3] Durante o seu pontificado levou a cabo programas de axuda aos pobres, acolleu abertamente aos homosexuais na Igrexa, e participou dunha comisión gobernamental para a loita contra o SIDA.[3] Erixiu tamén dúas novas parroquias, en Makakilo e Waipio,[3] e pechou a fase diocesana do proceso de beatificación de santa Mariana Cope.[6]

Como bispo tivo enfrontamentos con fieis vencellados á Fraternidade Sacerdotal San Pío X: en 1991 excomungou a seis fieis laicos da FSSPX entre outros motivos por ter buscado que o bispo Richard Williamson confirmara aos seus fillos, acusándoos de ter feito un "acto cismático". Os fieis apelaron á Santa Sé, e o prefecto da Congregación para a Doutrina da Fe Joseph Ratzinger en resposta do 4 de xuño de 1993 declarou a excomuñón nula ao non considerar que os fieis non podían ser cualificados como cismáticos.[7][8] Outros enfrontamentos con fieis católicos de orientación tradicional da súa diocese estiveron relacionados co seu apoio aos dereitos homosexuais,[3][9][10] co seu impulso a reformas litúrxicas na súa diocese (foi, por exemplo, o primeiro bispo estadounidense en pedir a Santa Sé permiso para celebrar funerais coa presenza dos restos da cremación),[11] coa súa actitude respecto aos sacerdotes "ortodoxos" (unha das súas primeiras medidas ao ser nomeado bispo foi a de retirar a unha decena de sacerdotes, entre eles a Francis A. Marzen, editor do Hawaii Catholic Herald)[10], etc.[12]

Retirouse o 12 de outubro de 1993, logo dunha operación cardíaca.[2][13][3][14] Logo de se retirar, continuou a traballar a prol da educación, axudando en conseguir fondos para bolsas de estudos nas escolas católicas e como vicepresidente da Augustine Educational Foundation que creara.[3] Finou o 12 de decembro de 2003 en Honolulu.[3][14]

Acusacións de abusos sexuais[editar | editar a fonte]

Joseph A. Ferrario foi o primeiro bispo acusado de abuso sexual a menores (sexual misconduct), inicialmente en 1989 durante unha reunión da Conferencia dos Bispos Católicos dos Estados Unidos en Baltimore.[15][16][13] Figueroa afirmaba que, cando tiña 15 anos, a mediados da década de 1970, o entón sacerdote Ferrario lle ofrecera cartos a cambio de relacións sexuais, e que isto se mantivera ao longo do tempo.[13] En agosto de 1991 os avogados da suposta vítima, David Figueroa, presentaron unha demanda federal contra o bispo.[17][16][13] A demanda foi, porén, desestimada ao ter prescrito os supostos delitos atribuidos ao bispo, quen sempre se declarou inocente dos feitos, e lle foron retirados os cargos.[13][14][3]

Figueroa finou de SIDA en 1995,[13] mais ao longo dos anos saíron novas acusacións. Nunha demanda presentada en abril de 2016, o avogado presentou un informe que afirmaba que Ferrario xa fora acusado de abusos sexuais antes de ser elixido bispo.[18]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Weber, Francis J. (1988). Vignettes of California Catholicism. Archdiocese of Los Angeles Archives. pp. 104–105. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 The Official Catholic Directory for the Year of Our Lord 2003. P.J. Kenedy. 2003. p. 543. FERRARIO, D.D. Retired Bishop of Honolulu, ordained May 19, 1951; appointed Titular Bishop of Cuse and Auxiliary November 8, 1977; ordained Bishop January 13, 1978; succeeded to See June 25, 1982; retired October 12, 1993. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 3,9 Vorsino, Mary (Domingo, 14 de decembro de 2003). "Joseph Ferrario died Friday night in St. Francis after suffering chest pains". Honolulu Star-Bulletin (starbulletin.com). Retired Bishop Joseph A. Ferrario, who led the Catholic diocese of Honolulu for 11 years, preaching tolerance and community outreach, died Friday night at St. Francis Medical Center in Liliha. 
  4. 4,0 4,1 Gallagher, John P. (1993). A Second Century Begins: The Diocese of Scranton, 1968-1993. Diocese of Scranton. p. 120. Paul VI announced the appointment of an Auxiliary Bishop for the Diocese of Honolulu. Ten weeks later, January 13, 1978, thousands gathered for the episcopal ordination [...] Bishop 'Scanlan was the principal celebrant. Assisting him were Archbishop John R. Quinn of San Francisco and Bishop James C. Timlin. 
  5. Bransom, Charles N. (1990). Ordinations of U.S. Catholic Bishops, 1790-1989: A Chronological List. U.S. Catholic Conference. p. 176. ISBN 9781555863234. 1978, January 13, at Honolulu, Hawaii, Exhibition Hall of the Neal Blaisdell Center. John Joseph Scanlan, Bishop of Honolulu, assisted by John Raphael Quinn, Archbishop of San Francisco, and James Clifford Timlin, Titular Bishop of Gunugus, consecrated Joseph Anthony Ferrario, Titular Bishop of Cuse [...] 
  6. Hanley, Mary Laurence; Bushnell, Oswald A. (1991). Pilgrimage and Exile: Mother Marianne of Molokai. University of Hawaii Press. p. xii. ISBN 9780824813871. 
  7. Ruby, Griff (2002). The Resurrection of the Roman Catholic Church: A Guide to the Traditional Catholic Movement. iUniverse. p. 213. ISBN 9780595250189. In 1991 Bishop Joseph Ferrario attempted to excommunicate six prominent members of a small SSPX chapel in Hawaii [...] Cardinal Ratzinger responded in 1993 that the Hawaii 6 where in no way schismatic, and that there were to be no penalties applied. 
  8. "The Hawaii Six Case". Society of Saint Pius X (sspx.org). Xuño de 2011. Consultado o 4/01/2019. 
  9. Nugent, Robert (1995). Gramick, Jeannine, ed. Collection of positive Catholic writings on gay & lesbian issues. Center for Homophobia Education. p. 35. I wish to express my support of LRB-e6242, which bans discrimination because of sexual orientation in the areas of employment, housing and public accommodations [...] 
  10. 10,0 10,1 Marx, Paul (1989). Fighting for Life: The Further Journeys of Fr. Paul Marx. Human Life International. p. 33. ISBN 9781559220279. Bishop Ferrario has strongly and openly advocated "gay-rights" legislation in Hawaii. He is overprotective with homosexual priests, of whom his diocese seems to have a good number — while at the same time being extremely negative, even vindictive towards orthodox priests [...] 
  11. Mates, Lewis H. (2016). Encyclopedia of Cremation. Routledge. p. 112. ISBN 9781317143833. [...] a number of bishops in the Uniteed states succesfully applied for indults for their dioceses, beginning with Bishop Ferrario of Honolulu in 1986. 
  12. Likoudis, Paul (2002). Amchurch Comes Out: The U.S. Bishops, Pedophile Scandals and the Homosexual Agenda. Roman Catholic Faithful. p. 12. ISBN 9780971955806. By 1985, Catholics on the island were traveling to Rome with some regularity to report on various aspects of his egregious misrule, such as his punitive actions against good priests, his tolerance and promotion of liturgical abuses, selling-off of Church properties, the recruitment of homosexuals into the priesthood and the favoring of homosexual clergy for important positions, the gutting of churches, and the closing of schools. 
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 13,5 Lawler, Philip F. (2010). The Faithful Departed: The Collapse of Boston's Catholic Culture. Encounter Books. p. 143. ISBN 9781594033742. 
  14. 14,0 14,1 14,2 "Bishop Joseph A. Ferrario, figure in sex scandal, dies". Deseret News. 15 de decembro de 2003. 
  15. Marx, Paul (1994). The Warehouse Priest. Human Life International. p. 81. ISBN 9781559220323. During the 1989 meeting of the National Council of Catholic Bishops in Baltimore, a certain David Figueroa embarrassed the hierarchy by accusing Bishop Ferrario of having abused him homosexually for years. 
  16. 16,0 16,1 Jenkins, Philip (2001). Pedophiles and Priests: Anatomy of a Contemporary Crisis. OUP USA. p. 40. ISBN 9780195145977. 
  17. Likoudis, Paul (2002). Amchurch Comes Out: The U.S. Bishops, Pedophile Scandals and the Homosexual Agenda. Roman Catholic Faithful. ISBN 9780971955806. On August 8, 1991, a federal lawsuit was filed against Ferrario by Maui attorney James Kreuger and Jeffrey Anderson of St. Paul. 
  18. "In new suit, filing claims abuse complaints against late Bishop Ferrario predate his appointment in Honolulu". CatholicCulture.org. 15 de abril de 2016. Consultado o 4/01/2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]