Josep Maria Junoy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Josep Maria Junoy
Nacemento1887
 Barcelona
Falecemento1955
 Barcelona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

Josep Maria Junoy i Muns, nado en Barcelona en 1887 e finado en 1955, foi un escritor e crítico literario e artístico catalán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pasou longas temporadas en París na súa mocidade e en 1915 publicou na revista Iberia o caligrama "Oda a Guymer", que se traduciu ao francés e que eloxiou Guillaume Apollinaire e deu inicio ao futurismo catalán. En 1916 fundou a revista Trossos (1916) que pretendía achegar a intelectualidade catalá ás vangardas europeas de Marinetti ou a nova pintura. Foi crítico literario de La Veu de Catalunya. En 1927 fundou La Nova Revista e El Matí.

Apoiou aos sublevados durante a Guerra civil española e deixou de escribir en catalán. Foi colaborador de Destino e Solidaridad Nacional.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Poemes i cal.ligrames (1920)
  • El gris i el cadmi (1926)
  • Marginàlia diversa (1928)
  • L'actualitat artística (1930-1931)
  • Elogio del arte español (1942)