Josep Laporte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Josep Laporte i Salas»)
Infotaula de personaHonorábel Editar o valor em Wikidata
Josep Laporte

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ca) Josep Laporte i Salas Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de marzo de 1922 Editar o valor em Wikidata
Reus, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de febreiro de 2005 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
21º President of the Institut d'Estudis Catalans (en) Traducir
xullo de 2002 – 15 de febreiro de 2005
← Manuel Castellet i Solanas (pt) TraducirSalvador Giner (pt) Traducir →
Presidente Reial Acadèmia de Medicina de Catalunya (en) Traducir
1993 – 2002
← Moisés BroggiJosé Antonio Salvá →
Minister of Education of Catalonia (en) Traducir
4 de xullo de 1988 – 22 de decembro de 1992
← Joan Guitart i Agell (en) TraducirJoan Maria Pujals i Vallvé (en) Traducir →
Nomeado por: Jordi Pujol
Deputado do Parlamento de Cataluña
16 de xuño de 1988 – 21 de xaneiro de 1992 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Tarragona

Deputado do Parlamento de Cataluña
17 de maio de 1984 – 4 de abril de 1988 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

14º Conselleiro de Saúde e Seguridade Social
8 de maio de 1980 – 4 de xullo de 1988
← Ramon Espasa i OliverXavier Trias →
Nomeado por: Jordi Pujol
Deputado do Parlamento de Cataluña
10 de abril de 1980 – 20 de marzo de 1984 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

Procurador en Cortes
12 de xullo de 1976 – 30 de xuño de 1977
← Josep Cabré i Piera (pt) Traducir
Rector of the Autonomous University of Barcelona (en) Traducir
7 de maio de 1976 – 25 de xaneiro de 1980
← Josep Cabré i Piera (pt) TraducirRamon Pascual de Sans (en) Traducir →
Presidente Academia de Ciencias Médicas de Cataluña y Baleares (en) Traducir
1970 – 1974
← Jaime Pi FiguerasJosep Alsina i Bofill → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBarcelona Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona (–1945) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Barcelona
Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , profesor universitario , médico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Autónoma de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Partido políticoConvergència Democràtica de Catalunya Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosJoan-Ramon Laporte (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Josep Laporte i Salas, nado en Reus, Baix Camp o 18 de marzo de 1922, e finado en Barcelona o 15 de febreiro de 2005,[1] foi un político e profesor de farmacoloxía catalán.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou medicina na Universidade de Barcelona (1939-1945). Interesouse pola fisioloxía e a endocrinoloxía clínica e, finalmente, especializouse en farmacoloxía, disciplina á que dedicou a súa carreira profesional.[3] En 1953 recibiu o Premio Josep Massot i Palmés, concedido clandestinamente polo Instituto de Estudos Cataláns; o traballo premiado foi sobre a farmacoloxía da coagulación do sangue.[3] En 1957 doutorouse coa tese Interrelaciones farmacodinámicas de la hormona tiroidea, pola que recibiu o Premio Gregorio Marañón da Academia Española de Medicina e Cirurxía, ademais do Premio Extraordinario de Doutoramento dese ano.[2] Foi discípulo da escola de Francisco García-Valdecasas e ampliou a súa formación cos farmacólogos William Paton (en Oxford) e Silvio Garattini (en Milán).[2]

Foi profesor de Farmacoloxía nas facultades de medicina de Cádiz (daquela parte da Universidade de Sevilla), Valencia e da Universidade Autónoma de Barcelona, da que foi reitor en 1976 e 1977.[3][4] Presidiu a Academia de Ciencias Médicas de Cataluña e Baleares, de 1970 a 1974, e a Real Academia de Medicina de Cataluña, de 1993 a 2002, ano no que foi elixido presidente do Institut d'Estudis Catalans.[5]

En 1992 recibiu a Sirga d'Or, galardón que outorga o Centro de Estudos de Ribera d'Ebre[4] e en 1996 recibiu a Cruz de Sant Jordi.

Faleceu en Barcelona o 15 de febreiro de 2005 por mor dun infarto que sufriu durante un acto oficial no Palau de la Generalitat de Catalunya.[6]

Actividade política[editar | editar a fonte]

En 1980, foi elixido deputado nas eleccións ao Parlamento de Cataluña, como independente nas listas de Convergència i Unió, e o presidente Jordi Pujol nomeouno conselleiro de Sanidade e Seguridade Social ao formar goberno. Reelixido deputado nas eleccións 1984, quedou como conselleiro.[6]

En 1988 foi cabeza de lista de CiU pola circunscrición de Tarragona e foi nomeado conselleiro de Educación, cargo que ocupou ata 1992.[6] Neste último período creáronse as Universidades de Girona, Lleida e Rovira i Virgili de Tarragona.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Josep Laporte i Salas". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Real Academia de la Historia (ed.). "Josep Laporte y Salas" (en castelán). Consultado o 2022-06-08. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Casassas i Simó, Oriol (2006). "Josep Laporte i Salas (1922-2005)". Estudis Romànics: 631–632. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Raduà Serra, Josep M. "La Sirga d'Or, el reconeixement a una trajectòria" (pdf). Miscel·lània del CERE: 217–240. Consultado o 8 de xuño de 2022. 
  5. Corbella, Jacint (2006). "Dr. Josep Laporte i Salas (1922-2005)". Revista de la Reial Acadèmia de Medicina de Catalunya (pdf) 21: 119–120. 
  6. 6,0 6,1 6,2 La Vanguardia, ed. (2005-02-15). "Fallece el ex conseller Laporte tras sufrir un ataque cardíaco" (en castelán). Consultado o 2022-06-08.