Saltar ao contido

Josefina Romo Arregui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosefina Romo Arregui
Biografía
Nacemento27 de maio de 1909 Editar o valor en Wikidata
Madrid Editar o valor en Wikidata
Morte3 de decembro de 1979 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoetisa, investigadora, profesora universitaria, escritora, crítica literaria Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1097200 Musicbrainz: 1e9cf19d-83e5-49b8-b937-73553680604b Editar o valor en Wikidata

Josefina Romo Arregui, nada en Madrid o 27 de maio de 1909 e finada na mesma cidade o 3 de decembro de 1979, foi unha poeta, docente, investigadora e crítica literaria española do século XX.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou o Bacharelato e o doutoramento de Filosofía e Letras en Madrid. Ampliou os seus estudos en Bordeos e foi pensionada por varias cidades de Europa.[1] Na universidade fíxose amiga de Alfonsa de la Torre, de quen prologou o seu libro Égloga, en 1943.[2]

Licenciouse e doutorouse con Premio Extraordinario na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Central de Madrid, coa súa tese Núñez de Arce.[3] En 1947 foi catedrática adxunta de Lingua e Literatura españolas e de Literatura hispanoamericana na Universidade de Madrid e encargada do curso de Literatura Universal.[4] Foron alumnos seus Xesús Alonso Montero, Carlos Bousoño, Alfonso Sastre, Alfonso Paso, Fernando Lázaro Carreter e Concha Zardoya, entre outros. Polas tardes traballou no Consello Superior de Investigacións Científicas como bolseira.[5]

Fundou a revista Alma, xunto a Miguel Ángel de Argumosa e editou Cuadernos Literarios (1942-1952). Foi encargada da colección de poesía fundada por Carmen Conde.[6] No seu labor como poeta recitou poemas nas sesións de «Alforjas para la poesía española» que se celebraron no Teatro Lara en 1948 xunto a outras poetas como Josefina de la Torre, Alfonsa de la Torre e Dolores Catarineu, entre outras.[7]

En 1958 emigrou a Nova York alentada por Diana Ramírez de Arellano, que fora alumna súa.[5] Ensinou Literatura española e hispanoamericana no City College da Universidade de Nova York e, a partir de 1963, na Universidade do Estado de Connecticut.[8] Tamén foi membro do Centro de Estudos sobre Lope de Vega da Hispanic Society, conselleira da Revista Interamericana, asesora literaria da Asociación Portorriqueña de Escritores e Presidenta Honoraria do Ateneo Portorriqueño de Nova York.[6]

En 1978 regresou a España gravemente enferma, onde alternou estancias en Villanueva del Pardillo e Mirasierra.[9] Morreu un ano despois. Os seus restos descansan no camposanto de Villanueva del Pardillo.[8]

Escribiu poemarios e traballos de investigación.[3] Cultivou unha poesía de corte tradicional, afastada da vangarda, tanto no formal (métrica e estrofas) como no contido, tendente ao ton relixioso sen incorrer nunha pretensión moralizante.[10] Aparece na antoloxía de Carmen Conde de 1954 Poesía feminina española vivente.[11]

Poemarios

[editar | editar a fonte]
  • 1932 La peregrinación inmóvil
  • 1950 Cántico de María Sola, 1946-1948
  • 1955 Isla sin tierra: poema
  • 1964 Elegías desde la orilla del triunfo
  • 1968 Poemas de América
  • 1968 Auto Antología

Traballos de investigación

[editar | editar a fonte]
  • 1944 Cuentistas españoles de hoy
  • 1946 Vida, poesía y estilo de D. Gaspar Núñez de Arce
  • 1979 Poetas románticos desconocidos: Concepción de Estevarena, 1854-1876

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

No número 14 da rúa Arrieta de Madrid hai unha placa colocada pola Casa de Porto Rico en España no segundo aniversario da súa morte.[12]

Viviu nesa casa antes de trasladarse a Nova York.[10]

En 2020 a cantante, compositora e pianista Sheila Blanco lanzou o seu álbum de poesía musicalizada Cantando a las poetas del 27 no que fai unha homenaxe á poeta incluíndo o poema «Pétalos, Quiero besarte la risa».[13]

En novembro de 2023, tras un longo período de investigación, a Asociación cultural Memorare homenaxeou a poeta no Centro Cultural Tamara Rojo de Villanueva del Pardillo e iniciou un proceso de difusión e posta en valor da súa obra. Na devandita homenaxe, en colaboración co Concello da localidade, participou, entre outras personalidades, Margarita Bru Romo, sobriña da poeta.[14]

Ese mesmo ano as editoriais Alba[15] e Torremozas[16] publicaron parte das obras de Josefina Romo Arregui.

  1. ↑ "ABC (Madrid) - 05/12/1979, p. 34". ABC.es Hemeroteca (en castelán). Consultado o 16 de agosto de 2026.
  2. ↑ Molina Martínez, José Luis (13 de marzo de 2011). "ALFONSA DE LA TORRE (9)". LA COLA DE LA CALA (en castelán). Consultado o 16 de agosto de 2026.
  3. 1 2 "Josefina Romo Arregui". Real Academia de la Historia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2024. Consultado o 16 de agosto de 2026.
  4. ↑ "ABC (Madrid) - 18/10/1947, p. 8". ABC.es Hemeroteca (en castelán). Consultado o 16 de agosto de 2026.
  5. 1 2 Molina Martínez, José Luis (6 de outubro de 2012). "JOSEFINA ROMO ARREGUI (MARÍA SOLA)". LA CALLE TRANQUILA (en castelán). Consultado o 16 de agosto de 2026.
  6. 1 2 González de Urbina, María Clara (19 de outubro de 2018). "LAS INVISIBLES DE LA GENERACIÓN DEL 27" (PDF).
  7. ↑ "ABC (Madrid) - 20/04/1948, p. 19". ABC.es Hemeroteca (en castelán). Consultado o 16 de agosto de 2026.
  8. 1 2 "ABC (Madrid) - 28/10/1978, p. 81". ABC.es Hemeroteca (en castelán).
  9. ↑ "ABC (Madrid) - 28/10/1978, p. 81". ABC.es Hemeroteca (en castelán).
  10. 1 2 "Josefina Romo". Patrimonio cultural y paisaje urbano (en castelán).
  11. ↑ Jurado Morales, José (2013). "José". Signa: revista de la Asociación Española de Semiótica (en castelán) (23): 525–544.
  12. ↑ "Josefina Romo. Placa". Escultura y Arte (en castelán).
  13. ↑ "Las autoras del 27, rescatadas en la voz de Sheila Blanco". La Verdad (en castelán). 2 de febreiro de 2024. Consultado o 16 de agosto de 2026.
  14. ↑ Ene 19, Publicado por RvP |. "Activistas contra el olvido | Revista del Pardillo" (en castelán). Consultado o 2024-10-30.
  15. ↑ "Las Sinsombrero y un nuevo 27" (en castelán). Consultado o 2024-10-30.
  16. ↑ "Cántico de María Sola - Josefina Romo Arregui" (en castelán). Consultado o 2024-10-30.