Josefina Martínez Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Josefina Martínez Álvarez
Nome completoJosefina Martínez Álvarez
Nacemento11 de abril de 1937
Lugar de nacementoSan Cloyo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Oviedo
Ocupaciónprofesora universitaria e escritora
CónxuxeEmilio Alarcos Llorach
Na rede
Dialnet: 139826
editar datos en Wikidata ]

Josefina Martínez Álvarez, nada en San Cloyo (Oviedo) o 11 de abril 1937, é unha filóloga asturiana, membro fundadora da Academia de la Llingua Asturiana, catedrática de lingua española, e membro de número permanente do Real Institutu de Estuios Asturianos (RIDEA), e presidente da súa Comisión segunda (Historia, Xeografía, Antropoloxía, Folclore e Etnografía).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Filoloxía Románica pola Universidade de Oviedo en 1960, doutorouse en 1967 coa tese Bable y castellano en el concejo de Oviedo, polo que recibiu o Premio José Fernández. Desde 1983 é catedrática de lingua española na Universidade de Oviedo[1] Polas súas monografías sobre a fala de Oviedo, está considerada unha das maiores expertas no dialecto da capital asturiana. Non obstante a finais da década de 1980 deixou de realizar actividade investigadora no campo da lingua asturiana. Centrando desde entón o seu labor en estudos sobre a lingua e a literatura españolas e no seo de asociacións como a Sociedad Española de Lingüística e da Asociación Internacional de Historia de la Lengua Española. É a viúva do lingüista Emilio Alarcos Llorach, e directora da Cátedra Emilio Alarcos Llorach, e desde decembro de 2015 académica correspondente da RAE.[2][3][2] . Tamén é membro da Xunta Asesora de Toponima do Principado de Asturias.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Josefina Martínez Álvarez" (PDF). Real Acedemia Española (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de abril de 2019. Consultado o 22 de febreiro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 "La asturiana Josefina Martínez Álvarez, elegida académica de la RAE". El Comercio (en castelán). 2015-12-18. Consultado o 2019-02-01. 
  3. "Josefina Martínez, elegida académica correspondiente de la RAE". www.lne.es (en castelán). Consultado o 2019-02-01.