Josefa Sabor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Josefa Sabor
Josefa Sabor (1955).jpg
Nacemento23 de novembro de 1916
 Vilanova de Arousa
Falecemento11 de xaneiro de 2012
 Buenos Aires
NacionalidadeArxentina
Alma máterUniversidade de Buenos Aires
Ocupaciónbibliotecaria
editar datos en Wikidata ]

Josefa Emilia Sabor Rivera, nada en Vilanova de Arousa o 23 de novembro de 1916, e finada en Buenos Aires o 11 de xaneiro de 2012, foi unha bibliotecaria e docente arxentina de ascendencia galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Josefa Sabor era filla de Francisco Sabor e Carmen Rivera. A súa familia trasladouse a Bos Aires en 1918. Nacionalizouse arxentina en 1937.[1] Foi irmá de Celina Sabor de Cortazar e de María de los Ángeles Sabor Rivera e cuñada de Augusto Raúl Cortázar.

Fixo os seus estudos na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Buenos Aires, onde se converteu en profesora de Historia e bibliotecaria.[1] Por medio dunha bolsa da UNESCO, realizou viaxes de estudo por España, Francia, Italia, Alemaña e o Brasil entre os anos 1958 e 1959. Posteriormente, en 1963, recibiu unha bolsa do Departamento de Educación e Cultura dos Estados Unidos para estudar as técnicas de ensino en dez universidades dese país.

Desempeñouse como directora do Instituto de Bibliografía e Biblioteconomía da Universidade de Bos Aires (1943-1946), da Biblioteca do Museo de Ciencias Naturais da Arxentina (1948-1952) da Biblioteca Central da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Bos Aires (1955-1964) como fundadora e primeira directora do Instituto de investigacións Bibliotecolóxicas INIBI da Facultade de Filosofía e Letras, UBA (1967-1973), da biblioteca e do Departamento de Publicacións do Interamerican Living Center de Bogotá, para a Organización de Estados Americanos e como experta da UNESCO en temas de asesoramento de bibliotecas.

Publicou diversos artigos en revistas especializadas da área da Biblioteconomía.[2]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Manual de Fuentes de Información (1957)
  • Bibliografía Básica de Obras de Referencia de Artes y Letras para la Argentina (1969)
  • Métodos para enseñar Biblioteconomía (1969)
  • Las normas y conclusiones de Medellín y la formación de bibliotecarios en América Latina (1974)
  • El Planeamiento Bibliotecario a través de los Congresos y Reuniones celebradas en América Latina (1974)
  • Desarrollo del Planeamiento Bibliotecario en América Latina (1975)[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Facultade de Biblioteconomía e Documentación da Universidade de Granada. "Biografía de Josefa Emilia Sabor". Mujeres documentalistas (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2019. 
  2. "Josefa Emilia Sabor - Citas de Google Académico". Google Académico. Consultado o 21 de febreiro 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Romanos de Tiratel, Susana (2012-12). "El legado bibliográfico-bibliotecológico de Josefa Emilia Sabor (1916-2012¹): The Bibliographic-Librarianship Legacy of Josefa Emilia Sabor (1916-2012)". Información, cultura y sociedad (27): 11–33. ISSN 1851-1740.