Joseba Asirón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Joseba Asirón
Joseba Asirón

Escudo de Pamplona (Líneas estilizadas).svg
Alcalde de Pamplona
Actualmente no cargo
Dende o 13 de xuño de 2015
Precedido por Enrique Maya

Datos persoais
Nacemento 14 de abril de 1962
Pamplona, España España
Partido Euskal Herria Bildu

Joseba Asirón Sáez, nado en Pamplona o 14 de abril de 1962, é un historiador, profesor de ikastola e político navarro, alcalde de Pamplona pola coalición Euskal Herria Bildu dende o 13 de xuño de 2015.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu en Pamplona o 14 de abril de 1962, enriba da famosa Churrería da Mañueta. É licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Zaragoza (1989) e doutor nesta materia pola Universidade de Navarra (2009) cunha tese sobre as torres de liñaxe, casas forte e pazos de cabo de armaría na Navarra medieval. É, ademais, profesor da ikastola San Fermín, na localidade de Zizur Menor, dende 1991. Está casado e é pai dunha filla e un fillo.

Presentouse como cabeza de lista de Euskal Herria Bildu á alcaldía de Pamplona nas eleccións municipais de 2015, nas cales a súa formación resultou a segunda forza máis votada tras UPN, que optaba á reelección de alcalde con Enrique Maya. Un pacto de investidura cuatripartito entre Geroa Bai, Aranzadi - Iruñea Denon Artean - Pamplona En Común (marca de Podemos) e Izquierda-Ezkerra (marca de IU)[1] outorgoulle o bastón de mando municipal na constitución do Concello o 13 de xuño de 2015, nunha votación na que Asirón obtivo 14 votos, Enrique Maya logrou 10 apoios, mentres que a socialista Maite Esporrín logrou 3 apoios.[2] Converteuse así no primeiro alcalde da esquerda abertzale na capital de Navarra, tras arrebatar a alcaldía a Unión del Pueblo Navarro (UPN) que gobernaba a cidade dende 1999, con Yolanda Barcina, primeiro, e Enrique Maya, despois.

Tras a súa investidura como novo alcalde, en declaracións aos medios, fixo alusión ao Privilexio da Unión (1423) que unificou os tres burgos de Pamplona no século XV, desexando que o seu mandato permitise "superar os fosos e as murallas que nos teñen separado".[3] Finalmente, concluíu recordando a frase que, en latín, aparece no lintel interior da porta 11 de acceso ao Concello de Pamplona: "A porta está aberta para todos, pero sobre todo o corazón" ("Patet omnibus jauna, cor valde magis").

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diario de Noticias (ed.). "EH Bildu, Geroa Bai, Aranzadi e I-E pechan o acordo para que Asiron sexa o novo alcalde de Pamplona". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 11 de xuño de 2015. 
  2. Naiz (ed.). "O abertzale Joseba Asiron, proclamado alcalde de Iruñea por maioría absoluta". Consultado o 13 de xuño de 2015. 
  3. Ayuntamiento de Pamplona (ed.). "Joseba Asirón (EH Bildu), elixido novo alcalde de Pamplona no pleno celebrado esta mañá no Concello". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2015. Consultado o 13 de xuño de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Enrique Maya
Escudo de Pamplona (Líneas estilizadas).svg
Alcalde de Pamplona

13 de xuño de 2015 - actualidade
Sucesor:
No cargo