Joseba Agirre López
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Joseba Aguirre López 17 de marzo de 1964 (60 anos) Ortuella, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,78 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Joseba Agirre López, nado en Ortuella (Biscaia) o 17 de marzo de 1964, é un futbolista vasco xa retirado, que xogaba de centrocampista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar no Sestao Sport Club en 1981. En 1983 fichou polo Athletic Club de Bilbao para xogar co filial, o Bilbao Athletic, na Segunda división española. Debutou en primeira división en setembro de 1984 contra o Sevilla FC, pero non se incorporou ao primeiro equipo até a tempada 1986/87. Co Athletic Club xogou catro campañas, aínda que só foi titular indiscutible na 1987/88, con 37 encontros disputados. Estivo ano e medio sen xogar por mor dunha grave lesión, e ao seu regreso disputou algúns partidos con equipo filial.
No verán de 1990 fichou polo Real Burgos, tamén de primeira división. Foi titular nas tres tempadas e media que estivo no equipo, as tres primeiras na máxima categoría e no comezo da campaña 1994/95 en segunda división. Xogou máis de 100 encontros co equipo castelán, e meteu 10 goles.
A comezos de 1994 fichou polo Celta de Vigo, adestrado por Txetxu Rojo e que tiña outros vascos como Borja Agirretxu, Patxi Salinas ou Luis Dadíe. No equipo vigués xogou once partidos de liga, debutando no Estadio de Balaídos o 20 de febreiro fronte ao CD Tenerife. Meteu un gol ante o Albacete Balompié no Estadio Carlos Belmonte o 16 de abril dese ano. Catro días despois o equipo celeste xogou a final da Copa do Rei, que perdeu nos penaltis fronte ao Real Zaragoza.
No verán de 1994 fichou polo Deportivo Alavés, de segunda división. Trala disputa da tempada 1995/96, na que xogou 30 partidos, decidiu retirarse.
Non deixou o mundo de fútbol, pois foi secretario técnico do Barakaldo Club de Fútbol e adestrou o equipo feminino Pauldarrak. Amais, colaborou como comentarista en Radio Euskadi e xogou cos veteranos do Athletic Club.