Xosefina de Beauharnais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
María Xosefina Rosa Tascher de la Pagerie
Emperatriz consorte dos franceses
Raíña consorte de Italia
Duquesa de Navarra
Baron François Gérard - Joséphine in coronation costume - Google Art Project.jpg
Retrato da Emperatriz Xosefina

Nome completo Marie Josèphe Rose Tascher de la Pagerie-Impératrice Joséphine [1]
Nacemento 23 de xuño de 1763
Les Trois-Îlets, Martinica, Royal Standard of the King of France.svg Reino de Francia
Falecemento 29 de maio de 1814 (50 anos)
Rueil-Malmaison, Illa de Francia, Flag of France.svg Primeiro Imperio Francés
Sepultura Rueil-Malmaison, Illa de Francia, Francia
Sucesor María Luísa de Austria
Consorte Alexandre, vizconde de Beauharnais
Napoleón I
Descendencia Eugène de Beauharnais
Hortensia de Beauharnais

Escudo de Xosefina de Beauharnais
Escudo de armas de da emperatriz Xosefina

María Xosefina Rosa Tascher de la Pagerie (en francés: Marie Josèphe Rose Tascher de la Pagerie),[2] vizcondesa de Beauharnais, coñecida como Xosefina de Beauharnais, nada o 23 de xuño de 1763 na Martinica, daquela colonia do Reino de Francia, e finada o 29 de maio de 1814 en Rueil-Malmaison, Illa de Francia, Francia, crioula de nacemento, foi a primeira esposa de Napoleón Bonaparte, emperador dos franceses e, por tanto, emperatriz de Francia.

Por parte da súa filla Hortensia, foi avoa de Napoleón III, e pola do seu fillo, bisavoaa dos máis recentes reis e raíñas suecos e daneses. As familias reais actuais de Bélxica, Noruega e Luxemburgo tamén descenden de Xosefina.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xosefina, chamada Rosa até coñecer a Napoleón, naceu e viviu na Martinica (Antillas Menores) até que en 1780 contraeu matrimonio en París con Alexandre de Beauharnais.

A finais de 1783 separouse do seu esposo e pouco despois regresa á Martinica, onde pon orde na economía familiar en medio da sublevación de esclavos de 1791 e da Revolución Francesa. De regreso a París ese ano, chega xusto para á caída do Antigo Réxime e a instauración da Primeira República Francesa. Grazas aoa seus contactos sociais coñece a Napoleón Bonaparte, con quen casa en 1796, dous anos despoiss de que o seu primeiro esposo fora axusticiado na guillotina.

En decembro de 1804 Xosefina é coroada emperatriz de Francia polo seu segundo e último esposo, Napoleón.[3] Pouco despois, en 1810, por no serlle posíbel darlle un fillo herdeiro a Napoleón, a parella divorciouse e Xosefina retirouse ao Castelo da Malmaison, da súa propiedade.

Xosefina morreu o 29 de maio de 1814, eloxiada polos franceses, que a chamaban l'bonne Josephine (Xosefina, a boa).[4]

Polo menos até outubro de 1779 Xosefina usou o seu primeiro nome, Rosa, ou o nome máis familiar, Yeyette. Despois do seu matrimonio con Alexandre de Beauharnais, asinaba Vizcondesa de Beauharnais ou ben Lapagerie de Beauharnais. O certificado de matrimonio con Napoleón viña asinado con M. R. J. Tascher, e de alí en adiante asinaba cos dous apelidos: Lapagerie-Bonaparte ou Tascher-Bonaparte. A partir de 1804 asinaba simplemente Joséphine, nome co que foi coroada emperatriz de Francia e col que se rexistraron os eventos legais da súa posteridade.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xenealoxía da familia Tascher de la Pagerie (en francés). tascher-de-la-pagerie.org - Último acceso 9 de setembro de 2016.
  2. Encyclopædia Britannica, Inc. citado por biography.com - Joséphine de Beauharnais Biography (1763 - 1814) (artigo completo dispoñíbel en inglés). Último acceso 9 de setembro de 2016.
  3. Ernest John Knapton; 1963. Empress Josephine (en inglés). Harvard University Press. Último acceso 9 de setembro de 2016.
  4. Ernest John Knapton (revisión por Leo Gershoy) Empress Josephine (en inglés). The American Historical Review, Vol. 70, No. 2 (Jan., 1965), pp. 441-442. Publicado pola American Historical Association. Último acceso 9 de setembro de 2016.
  5. Impératrice Josephine; Correspondance, 1782-1814, Chevallier, Catinat and Pincemaille, editors (Paris: Histoire Payot, 1996), p. III. Citado por Sandra Gulland nunha carta publicada na Napoleonic Society of America. Artigo dispoñíbel na World Wide Web: [1].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
María Antonieta de Austria
Raíña consorte dos franceses
Blason Imperatrice Josephine.svg
Emperatriz consorte dos franceses

2 de decembro de 1804 - 10 de xaneiro de 1810
Sucesor:
María Luísa de Austria
Predecesor:
María Teresa das Dúas Sicilias
Princesa das Dúas Sicilias
Flag of the Napoleonic Kingdom of Italy.svg
Raíña consorte de Italia

26 de maio de 1805 - 10 de xaneiro de 1810
Sucesor:
María Luísa de Austria
Predecesor:
Novo título
Blason de la Duchesse de Navarre orn.svg
Duquesa de Navarra

9 de abril de 1810 - 29 de maio de 1814
Sucesor:
Augusto de Beauharnais