José Vicente Pérez Martínez
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 9 de agosto de 1863 Ribadeo, España |
| Morte | abril de 1905 Ribadeo, España |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor, político |
José Vicente Pérez Martínez, nado en Ribadeo o 9 de agosto de 1863 e finado no mesmo concello a principios de abril de 1905,[1] foi un crítico da arte, escritor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pasou parte da súa xuventude en Madrid. Despois regresou a Lugo. Foi gobernador civil da provincia de Isabela de Luzón (Filipinas) entre 1898 e 1899, onde foi prisioneiro de guerra. Foi deputado provincial por Mondoñedo (1901). É autor de Anales del Teatro y de la Música. Año Primero 1883-1884 (1884), obra fundamental para o coñecemento da vida teatral e musical madrileña de finais do século XIX.
No 1946 adicóuselle en Ribadeo unha rúa.[2]
Obras
[editar | editar a fonte]- Anales del Teatro y de la Música. Año Primero 1883-1884, 1884.
- Pérdida de la Provincia de la Isabela de Luzón (Islas Filipinas), 1900.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Noroeste, 9-4-1905, p. 2.
- ↑ Gutiérrez, Eduardo (19/06/2021). "A rúa José Vicente Pérez Martínez". La Comarca del Eo (5283). p. 4.