José Veloso Mayo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «José Veloso Mallo»)
Infotaula de personaJosé Veloso Mayo
Biografía
Nacemento1886 Editar o valor em Wikidata (137/138 anos)
Muros, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Muros
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Veloso Mayo, coñecido como Trotsky, nado en Muros cara a 1886, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Veciño de Esteiro e carpinteiro. Militante de Izquierda Republicana. Logo do triunfo do Frente Popular en febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro de Muros e cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 era o alcalde interino de Muros. Logrou fuxir a Bilbao nos bous Santa Eulalia e Santa Rosa. Combateu no exército republicano. Foi detido en Santander. Prisioneiro de guerra, foi enviado ao Batallón de Traballadores número 26. Xulgado na Coruña por rebelión, fora declarado en rebeldía, e ao ser detido retómase o seu procesamento, sendo condenado a pena de morte, que foi conmutada por cadea perpetua, que finalmente quedou reducida a 12 anos de reclusión menor. Cumpriu condena nos Talleres Penitenciarios de Alcalá de Henares onde lle foi concedida a liberdade provisional sen a liberación do desterro en 1943.[1]


Predecesor:
Manuel Tobío Romaní
 
Alcalde de Muros
 
1936
Sucesor:
Adolfo del Sel Portillo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]