José Vázquez Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Vázquez Otero
Biografía
Nacemento1911 Editar o valor em Wikidata
Andemil, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de outubro de 1977 Editar o valor em Wikidata (65/66 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesVázquez de Andemil Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

José Vázquez Otero, coñecido como Vázquez de Andemil, nado en Andemil (San Breixo, Palas de Rei) cara a 1911 e finado na Coruña o 20 de outubro de 1977, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 incorporouse ao exército rebelde. Foi destinado á 1ª Brigada Mixta Lexionaria de Frechas Azuis núm. 14 o 13 de marzo de 1937. A finais de 1938 concedéronlle un permiso para recuperarse dunha doenza nas pernas no Hospital de Lugo. Ao rematar o permiso desertou o 18 de decembro de 1938.

Estivo agochado en Andemil, na casa familiar, ata que pasou a Portugal a finais de 1939. Residiu en Viana do Castelo coa falsa identidade de Manuel Antunes de Oliveira. En 1941 traballou na compañía inglesa Verantin Wolframio Limitada nas minas de Panesqueira, no departamento de Río. En 1944 traballou en Automobilística Campo de Ourique ata que en agosto de 1946 empezou a traballar na empresa Construções e Reparações Eléctricas Limitada. Foi procesado con Ramón Rodríguez Varela "Curuxás" e Ángel Ansareo Grandas na causa 177/46 pola morte do párroco de Meixente (Sarria) Pedro Páramo Arias o 2 de setembro de 1946. Foi declarado en rebeldía o 15 de abril de 1947.

Foi detido en Lisboa o 3 de novembro de 1961 e entregado polas autoridades portuguesas ás españolas na fronteira estremeña. Foi internado na prisión provincial de Badaxoz o 4 de decembro e trasladado ao cárcere de Lugo o 17 de xaneiro de 1962 para responder ás acusación do sumario 469/46 por atraco a man armada e asasinato. O 25 de xuño de 1962 foi posto en liberdade. Finou na Coruña o 20 de outubro de 1977 con 66 anos.[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Ouro Castro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 21-10-1977, p. 12.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]