José Vázquez Moreiro
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | valor descoñecido Santiago das Caldas |
| Morte | xuño de 1891 Ourense |
| Actividade | |
| Ocupación | enxeñeiro agrónomo, político |
José Vázquez Moreiro, nado en Santiago das Caldas (Concello de Canedo) e finado en Ourense en xuño de 1891, foi un enxeñeiro e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Vicente Manuel Vázquez e Vicenta Moreiro Fernández. Estudou no Instituto agrícola Afonso XII de Madrid. Enxeñeiro agrónomo. Foi nomeado pola Deputación secretario da Xunta provincial de Agricultura, Industria e Comercio de Ourense en 1870.[1] Foi elixido deputado polo distrito de Quiroga nas eleccións de 1873. Foi ascendido a enxeñeiro xefe da sección agronómica da provincia de Ourense en xullo de 1888.[2] Finou en Ourense a principios de xuño de 1891.[3][4][5]
É autor da "Breve noticia sobre el estado actual de la agricultura y ganadería de la provincia de Orense" dirixida ao Consello Superior de Agricultura, industria e Comercio en 1875.[6] Tamén fixo un estudo sobre os castiñeiros xunto con Antonio G. Quevedo en 1877,[7] e outro sobre a emigración.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Eco del Liceo, 8-7-1870, p. 2.
- ↑ Crónica de Pontevedra, 23-7-1888, p. 3.
- ↑ La Correspondencia de España, 5-6-1891, p. 3.
- ↑ Gaceta de Galicia, 6-6-1891, p. 2.
- ↑ La Correspondencia de España, 9-6-1891, p. 1.
- ↑ "Breve noticia sobre el estado actual de la agricultura y ganadería de la provincia de Orense". Revista galega de estudios agrarios (5): 349–376. 1891.
- ↑ El Diario de Galicia, 26-10-1894, p. 1.