José Signo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "José Signo Garcés")
José Signo, retrato en Vida Gallega, 1919.

José Signo Garcés, nado en San Xoán (Porto Rico) o 29 de agosto de 1894 e finado en Córdoba 29 de maio de 1952, foi un actor e xornalista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

José Signo, Luís Casado e Federico Rivas en Bueu, 1927.

Instalouse en Vigo antes de 1900. Traballou como xornalista en La Concordia e como actor. Dirixiu a peza satírica La Ráfaga e colaborou co cineasta Xosé Gil. Posteriormente foi redactor xefe de La Zarpa en Ourense, redactor dos xornais Galicia e El Pueblo Gallego, e colaborador de Faro de Vigo e Vida Gallega. En 1924 tivo un xuízo fronte a Alejandro Pérez Lugín pola paternidade da novela La Casa de la Troya.

En 1929 participou na creación da produtora Vicus Films, para a que dirixiu a longametraxe de ficción La tragedia de Xirobio (1930)[1][2]. Vinculouse ao mundo teatral, primeiro na Agrupación Martín Codax de Vigo, logo no Teatro Nacional de la Falange, e, por último, na compañía de Celia Gámez. A partir de 1941 foi redactor de Vértice, en Donostia, de Voluntad, en Xixón, e do diario Córdoba.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]