Josep Salvany i Lleopart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «José Salvany i Lleopart»)
Josep Salvany i Lleopart
Nacemento1778
Lugar de nacementoCervera
Falecemento21 de xullo de 1810
Lugar de falecementoCochabamba
NacionalidadeEspaña
Alma máterRoyal College of Surgery of Barcelona
Ocupaciónmédico
editar datos en Wikidata ]

Josep Salvany i Lleopart nado en Cervera en 1777-1778 e morto en Cochabamba o 21 de xullo de 1810, foi un médico militar catalán participante da Real Expedición Filantrópica da Vacina.[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

Expedición da vacina en América.

Dende moi novo interesouse pola cultura e as humanidades malia a súa feble saúde. Estudou gramática en Barcelona entre os anos 1784 a 1786, e entre 1786 a 1788, latín, retórica e poesía. Tamén estudou filosofía no Convento de San Agustín de Barcelona dende 1789 a 1791.

O 15 de outubro de 1791 fai o exame de latín, lóxica e física para ingresar no Real Colexio de Cirurxía de Barcelona. Alí está dende 1791 a 1796 obtendo boas notas, case todas máximas cualificacións. Foi axudante dos doutores Boven e Capdevilla, eminentes cirurxiáns a quen facía as substitucións nas clases.

Licenciado en cirurxía, ingresa no Exército. Serve no IV Batallón de Guardias Walonas (Valones) como cirurxián interino. Despois é cirurxián do III Batallón do Rexemento de Irlanda. Despois do V Batallón de Infantaría de Navarra. Tódolos postos militares tenos que deixar por problemas de saúde.

En 1799, solicita praza de cirurxián na Facultade de Barcelona. Non atenden as súas peticións, demasiado novo para ser profesor ou para deixar o exército. É proposto con 26 anos como segundo director da Real Expedición Filantrópica da Vacina. O proxecto considérase demasiado perigoso para estar en mans dunha soa persoa e o seu posto sería só por se lle acontecese algo ao director Francisco Xavier Balmis.

A expedición parte da Coruña 30 de novembro de 1803 chegando a Venezuela Balmis decide dividir en dúas a expedición deixando a Salvany ao cargo da expedición que levará a vacina da varíola polo continente cara Buenos Aires. Balmis volverá a Lisboa o 14 de agosto de 1806, despois de ter dado a volta ao mundo, e ao chegar a Madrid é recibido con honras e recoñecementos. Salvany continuará coa expedición recorrendo 18 mil quilómetros ata morrer ignorado en Cochabamba o 21 de xullo de 1810.[2] Foi soterrado nunha foxa común, e descoñecéndose a súa localización.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Reivindicando a Salvany" (en castelán). Consultado o 2020-03-29. 
  2. "La Real Expedición Filantrópica de la Vacuna (1803-1806)". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2015. Consultado o 03 de xuño de 2015.