José Sabucedo Morales
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1881 Santiago de Compostela, España |
| Morte | 24 de xullo de 1937 Ourense, España |
Representa: Renovación Española 25 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Ourense | |
Representa: Renovación Española 5 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Ourense | |
| 1921 – 1921 ← Emilio Morenza Martínez – Eladio Pérez Romero → | |
| | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | político, avogado |
José Sabucedo Morales, nado en Santiago de Compostela o 23 de xullo de 1881 e finado en Ourense o 24 de xullo de 1937, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Heriberto Sabucedo, médico ourensán. Licenciado en Dereito, exerceu como avogado en Ourense. Era militante do Partido Conservador, co que foi elixido deputado provincial polo distrito Carballiño-Ribadavia dende 1915. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Monforte de Lemos nas eleccións de 1920, pero as eleccións foron anuladas e en febreiro de 1921. Foi nomeado presidente da Deputación de Ourense. Presidente do Círculo Conservador de Ourense en 1922. Foi nomeado senador en 1923. Foi o primeiro presidente da Coral de Ruada (1919-1933). Durante a Segunda República militou en Renovación Española, coa que foi elixido deputado pola provincia de Ourense nas eleccións xerais de 1933 e nas de febreiro de 1936.

Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barreiro, X. R. (coord.); Barreiro, X. R.; López, B.; Mínguez, X. L. (2003). "SABUCEDO MORALES, Jose". Parlamentarios de Galicia. Biografías de deputados e senadores (1810-2003) II. Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia/RAG. p. 68. ISBN 84-87987-27-3. doi:10.32766/rag.168.
| Predecesor: Emilio Morenza Martínez |
Presidente da deputación de Ourense 1921 |
Sucesor: Eladio Pérez Romero |