José Romero Carreira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaJosé Romero Carreira
Biografía
Nacemento1917 Editar o valor em Wikidata
Solbeira, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de marzo de 1992 Editar o valor em Wikidata (74/75 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de guerra , tradutor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


José Romero Carreira, nado en Solbeira (Paderne de Allariz) en 1917 e finado en Madrid o 16 de marzo de 1992, foi un aviador militar e intérprete galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dirixente de UGT en Ourense. Na guerra civil española alistouse no Partido Comunista e foi comisario político do V Rexemento. Foi enviado polo goberno da República á URSS a formarse como piloto de aviación,[1] e combateu contra os alemáns na segunda guerra mundial. Estivo interno nun campo de concentración da URSS, e en 1952 foi xulgado por sumarse a unha folga de fame. Foi liberado en 1954, e embarcou no buque Semiramis dende o porto de Odesa xunto a membros da División Azul.

Regresou a Galicia e marchou vivir a Madrid onde se fixo intérprete nunha axencia de viaxes.[2] Logo foi funcionario do Instituto Nacional de Previsión. Finou en Madrid o 16 de marzo de 1992.[3]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Pilar e foi pai de María Pilar Romero.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tereixa Constenla (13 de setembro de 2010). "Aterrizaje forzoso en el gulag". El País (en castelán). 
  2. Carmen Villar (12 de decembro de 2010). "El cautiverio de un gallego en el gulag". Faro de Vigo (en castelán). 
  3. Necrolóxica en ABC, 22-3-1992, p. 111.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Calvo Jung, C. (2010). Los últimos aviadores de la República. La cuarta expedición a Kirovabad. Ministerio de Defensa de España. 
  • Iordache Cârstea, Luiza (2019). "Telas de súplica por la libertad. Cartas desde Karlag (URSS)". Vegueta. Anuario de la Facultad de Geografía e Historia (19): 73–93. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]