José Rodrigues (escultor)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Rodrigues

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(pt) José Joaquim Rodrigues Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de outubro de 1936 Editar o valor em Wikidata
Luanda, Angola Editar o valor em Wikidata
Morte10 de setembro de 2016 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Porto, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do Porto Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngravador , escultor , fotógrafo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata

José Joaquim Rodrigues, nado en Luanda o 28 de outubro de 1936 e finado no Porto, o 10 de setembro de 2016, foi un artista plástico portugués. [1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Realizou os seus estudos artísticos na Escola Superior de Belas-Artes do Porto, onde completou o curso de Escultura. En 1968, con Armando Alves, Ângelo de Sousa e Jorge Pinheiro formou o grupo Os Quatro Vintes.

Foi un dos fundadores da Cooperativa Cultural Árvore,[3] en Porto, e un dos promotores da Bienal de Vila Nova de Cerveira.[4]

Entre as súas obras máis coñecidas destacan o Cubo da Praça da Ribeira, no Porto, e o Monumento ao Empresário, na Avenida da Boavista.

A 9 de xuño de 1994, foi agraciado co grao de Grande-Oficial da Ordem do Infante D. Henrique.[5]

Fundação José Rodrigues[editar | editar a fonte]

Adquiriu e recuperou unha antiga fábrica de sombreiros - a Fábrica Social -, situada na parroquia de Santo Ildefonso, no Porto, lugar que foi o seu estudo durante vinte anos, para instalar a fundación co seu nome. O edificio integra obradoiros, salas de exposicións, permanentes e temporais, e un auditorio.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "José Rodrigues, escultor de Sentidos". Jornal Expresso (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2016. Consultado o 12 de maio de 2021. 
  2. M., M. (10 de setembro de 2016). "Morreu o escultor José Rodrigues, autor do cubo da Praça da Ribeira". dn.pt (en portugués). Consultado o 12 de maio de 2021. 
  3. "José Rodrigues - Anos 60/anos 70 - Desenho e escultura". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2016. Consultado o 15 de setembro de 2016. 
  4. "Faleceu o Mestre e Escultor José Rodrigues, Funeral decorre amanhã, 11h00, em Matosinhos". Consultado o 15 de setembro de 2016. 
  5. "Entidades Nacionais Agraciadas com Ordens Portuguesas". Resultado da busca de "José Rodrigues". Consultado o 2020-07-05. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]