José Ramón Fernández-Bugallal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Ramón Fernández-Bugallal
Biografía
Nacemento1917 Editar o valor em Wikidata
Morte25 de xaneiro de 2007 Editar o valor em Wikidata (89/90 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político , empresario Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosMaría Cristina, José Ramón, Ana María e Juan Ignacio Fernández-Bugallal.
PaisManuel Fernández Barrón Editar o valor em Wikidata  e María del Carmen Bugallal Editar o valor em Wikidata
Premios

José Ramón Fernández-Bugallal Barrón, conde de Bugallal, nado cara a 1917[1] e finado en Madrid o 25 de xaneiro de 2007,[2] foi un alto funcionario, político e avogado español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de María del Carmen Bugallal Rodríguez-Fajardo, Araujo y Codesido e do deputado Manuel Fernández Barrón, herdou o título de conde de Bugallal ao morrer a súa nai en 1970. Neto do xurisconsulto e ministro de Afonso XIII Gabino Bugallal,[2] entroncou cunha importante tradición familiar de xuristas e políticos españois.

Tras acadar a oposición de Inspector de Facenda, posteriormente sería nombrado Subsecretario de Estado dese Ministerio en tempos de Antonio Barrera de Irimo, tamén ostentou o cargo de presidente do Canal de Isabel II e dende 1965 ata a súa disolución foi membro do Consello Privado de Juan de Borbón.[3][4]

Foi tamén pioneiro do sistema de Leasing en España, chegou a presidir a Unión Española de financiamento (UNIFIBAN), a Unión Internacional de Financiamento (UNITER), a Asociación Española de Leasing (AEL) ou EUROFINAS, entidade que agrupaba as financeiras europeas. Formou parte dos consellos de administración de La Estrella, Vallehermoso, Hispamer Financiación, Hispamer Leasin, Corporación Financiera Hispamer, Cofile, HUNOSA, Minas de Almadén y Arrayanes e outras.

Persoa de convicións relixiosas, fundou en 1952, cun grupo de amigos, Estudios Generales S.A. coa idea de crear un centro educativo que fose quen de conxugar unha formación integral e cristiá cos máis avanzados métodos de ensino, e ese mesmo ano creou comxuntamente con outras personalidades o Colexio de Santa María de los Rosales.

Foi vocal e Vicepresidente do Consejo Superior de Acción Católica, membro do seu consello nacional e do Consejo Superior da Igrexa Católica. Foi ademais presidente da Editorial Católica, editora do xornal Ya.

Iniciada xa a Transición española, e unha vez que o Rei renunciou o privilexio de presentación de bispos, foi mediador entre a comisión da Nunciatura, o goberno e o PSOE e foi unha figura clave na consecución dos acordos económicos entre a Santa Sé e o Estado español dentro do marco da revisión do Concordato de 1953, entón vixente.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bardavío, Joaquín (24 de febreiro de 1968). "El Consejo Privado del Conde de Barcelona". Triunfo XXII (299): 10–13. 
  • Gómez de la Serna, Pedro (28 de decembro de 2006). "Admiraba el genio y la excelencia". ABC: 54.