José Ramón Barral
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
José Ramón Barral | |
---|---|
Alcume | Nené |
Nacemento | anos 1930 |
Lugar de nacemento | Ribadumia |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político, contrabandista e empresario |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Ramón Barral Martínez, Nené, é un político e contrabandista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Socio, con Vicente Otero Pérez, dun concesionario de automóbiles. Foi, durante 18 anos, alcalde do concello pontevedrés de Ribadumia polo PPdeG.
Foi elixido alcalde tralas municipais de 1983, encabezando Alianza Popular e logrando a maioría absoluta. Revalidou dita maioría en 1987, 1991, 1995 e 1999. En outubro de 1998 anunciouse a súa retirada da carreira electoral en favor de Rafael Louzán. Porén, en abril de 1999 deu marcha atrás volvendo a encabezar a candidatura con Louzán de número 2.
Dimitiu en 2001 despois de ser detido, o 14 de maio, por contrabando de tabaco.[1] Foi substituído na alcaldía por Salomé Peña Muñiz, número 3 da candidatura popular, e foi expulsado da formación política. Nas municipais de 2003 encabezou ós Independentes por Ribadumia, que logrou empatar a 5 concelleiros co PPdeG encabezado pola súa sucesora, e quedando a tan só 2 votos de gañarlle, fronte a un só do BNG, continuando Peña na alcaldía trala abstención do edil nacionalista. Volveu concorrer ás municipais de 2007, pero nesta ocasión o PPdeG logrou un resultado máis contundente e logrou a maioría absoluta. De cara a 2011 Indepedentes non se presentou, tras unha escasa actividade ao largo da anterior lexislatura, aínda que volveu en 2015 encabezado por David Castro Mougán, sen unha influencia visible da Barral, e logrou a alcaldía grazas ao apoio dos grupos de esquerda.
Predecesor: Dolores Abuín Martínez |
![]() Alcalde de Ribadumia 1983 - 2001 |
Sucesor: Salomé Peña
|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "El fiscal solicita 8 años de cárcel..." Faro de Vigo, 29/12/14 (en castelán).