José Quiroga Velarde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Quiroga Velarde
Nome completoJosé Quiroga y Velarde
Nacemento21 de xaneiro de 1873
Lugar de nacementoO Barco de Valdeorras
Falecemento9 de decembro de 1953
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e avogado
PaiManuel Quiroga Vázquez
FillosElena Quiroga
editar datos en Wikidata ]

José Quiroga Velarde, conde de San Martín de Quiroga, nado no Barco de Valdeorras o 21 de xaneiro de 1873 e finado na Coruña o 9 de decembro de 1953[1], foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel de Quiroga Vázquez de Quiroga. Foi oficial primeiro do Goberno civil da Coruña en 1903[2], secretario do Goberno civil de Santander en 1906[3], e deputado maurista por Valdeorras (1907-1908). O 13 de outubro de 1908 renunciou. Foi gobernador civil de Burgos. Foi xefe superior de Administración civil do Ministerio da Gobernación até a súa xubilación en 1943. Herdou o título de conde de San Martín de Quiroga en 1910 ao falecer a súa avoa María Manuela Vázquez Quiroga Queipo de Llano[4].

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Santander con Isabel Abarca Fornés en 1906 e foi o pai de Elena Quiroga.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en ABC
  2. El Correo de Galicia, 16-9-1903, p. 2.
  3. El Correo de Galicia, 31-3-1906, p. 2.
  4. Gaceta de Galicia, 4-7-1910, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]