José Pontes Méndez
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1907 Portugal |
| Morte | valor descoñecido |
| Actividade | |
| Ocupación | albanel, político |
Casimiro José Pontes Méndez, nado en Portugal cara a 1907, foi un albanel e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Albanel en Vigo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. O xuíz militar emitiu unha requisitoria para a súa presentación o 28 de agosto.[1] Volveu ser reclamado polo xuíz militar de Vigo o 7 de novembro con Benigno Benavides Álvarez e Maximiliano Comesaña Pérez.[2] Foi xulgado por rebelión militar e declarado en rebeldía. Ao rematar a guerra presentouse as autoridades. Xulgado en 1941, foi condenado a 12 anos de prisión.