José Pereira Miguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Pereira Miguez
Nome completoJosé Enrique Pereira Míguez
Nacemento5 de novembro de 1884
 Redondela
Falecemento1956
 Redondela
NacionalidadeEspaña
Relixiónmasonaría
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónmédico
editar datos en Wikidata ]

José Enrique Pereira Miguez, nado en Redondela o 5 de novembro de 1884 e finado na mesma vila en novembro de 1956,[1] foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Pereira Miguez. Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1907. Destacou na loita antiforal e foi concelleiro en 1915. Na Segunda República foi secretario da directiva do Centro Republicano de Redondela (1933). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en setembro, xulgado en Vigo por rebelión militar e condenado a cadea perpetua. Estivo preso no cárcere de Vigo, na Illa de San Simón e no Castelo de San Cristóbal (Pamplona). Tamén foi condenado a pagar unha forte indemnización polo que lle foron embargados todos os bens. Ao saír do Penal de San Cristóbal estivo desterrado en Ceuta, regresando finalmente a Redondela, onde exerceu outra vez a súa profesión. Tamén foi médico en Domaio e na Lama.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Ibáñez Araujo en 1911.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Noche, 17-10-1957, p. 6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2002). Do Castro, ed. Redondela, crónica dun tempo pasado: A II República e o primeiro franquismo. Sada. pp. 301–304. ISBN 84-8485-090-0. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]