José Pardiñas y Villalobos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Pardiñas y Villalobos
Nome completoJosé Pardiñas Villalovos, Soto y Romero de Caamaño
Nacementoséculo XVIII
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento?
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
CónxuxeAna de Zeda (Cádiz)
Lingualingua castelá
Coñecido porVarones ilustres de Galicia
editar datos en Wikidata ]

José Pardiñas Villalovos, Soto y Romero de Caamaño, nado na Provincia da Coruña no século XVIII, foi un escritor galego en lingua castelá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con casa patrucial en Bergantiños, foi fillo de Juan Antonio Pardiñas e de Josefa Romero e parente do escritor Antonio Rioboo y Seijas e do bispo de Tarazona García Pardiñas Villar de Francos. Casou con Ana de Zeda o 1 de febreiro de 1761 en Cádiz. En 1782 o matrimonio estableceuse en Galicia. Mantivo amizade, e correspondencia, con José Cornide Saavedra.

Breve compendio de los varones ilustres de Galicia, en PDF.

Entre 1772 e 1782 recompilou o Breve compendio de los varones ilustres de Galicia, de varios autores. O manuscrito conservouse na biblioteca provincial de Cádiz ata que foi editado en 1887 na Coruña dentro da Biblioteca Gallega de Andrés Martínez Salazar.[1] Chegou a reunir unha colección de máis de seis mil refráns, que recolleu de varios autores.

Antonio López Ferreiro cre que José Pardiñas foi capelán do coro da Catedral de Santiago de Compostela e irmán de Francisco, párroco da Capela da Corticela da mesma catedral. Manuel Murguía cría que era natural de Santiago de Compostela.[2]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Breve compendio de los varones ilustres de Galicia, nativos y próximos originarios, esclarecidos en virtudes, literatura y dignidades eclesiásticas, con algunas cortas relaciones de sucesos particulares, Martínez Salazar, A Coruña, 1887.
  • Colección de refranes sueltos recogidos de varios autores, desde el año de 1771 hasta el 1780, en todo 6.243 refranes.
  • Sujetos gallegos ilustres en armas, dous volumes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Breve compendio de los varones ilustres de Galicia na Biblioteca Digital Hispánica, BNE.
  2. "Pardiñas y Villalobos, José". Gran Enciclopedia Galega (DVD). 2005. ISBN 84-87804-88-8. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]