José Novas Regueira
José Novas Regueira | |
---|---|
Nacemento | 21 de setembro de 1921 |
Lugar de nacemento | Beluso |
Falecemento | 18 de xuño de 2002 |
Lugar de falecemento | Boca Raton |
Nacionalidade | España |
Ocupación | publicista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Novas Regueira, nado en Beluso (Bueu) o 21 de setembro de 1921 e finado en Boca Ratón (Florida) o 18 de xuño de 2002,[1] foi un publicista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Emigrou aos Estados Unidos de América con seis anos. Retornou pero volveu marchar en 1936. Traballou en Nova York e cando os Estados Unidos entraron na segunda guerra mundial alistouse na Mariña americana, onde foi tradutor militar conseguindo o grao de capitán. Ao remate da guerra fixo estudos de posgrao e publicidade na Universidade de Columbia. En 1949 foi nomeado director de publicidade internacional de Gillette. Fundou a súa propia axencia de publicidade, e foi pioneiro nas retransmisións deportivas por radio e televisión. Tamén fundou produtoras de TV en Iberoamérica. Desde 1969 estivo vinculada á multinacional da publicidade Leo Burnett como vicepresidente primeiro. En 1993 creou a Fundación Novas para beneficiar á xente de Beluso en lembranza da memoria do seu pai.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
En 1997 foi nomeado fillo predilecto do Concello de Bueu. En 2009 unha praza en Beluso leva o seu nome.[2]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Patricia Fox, coa que tivo catro fillos, Steven, Robert, Paul e Patricia. En 1988, casou en segundas nupcias con Carmen Cruz.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- José Novas Regueira en Galegos.