José Navas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Navas
Nacemento2 de decembro de 1957
Lugar de nacementoPortugalete
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

José Navas Amores, nado en Portugalete (Biscaia), en 1957 é un político vasco de Ezker Batua-Berdeak.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

José Navas naceu na localidade biscaíña de Portugalete en 1957. Ten formación como electricista, cursando mestría industrial. Navas chegou á política desde o mundo do sindicalismo.

Foi concelleiro de Esquerda Unida na súa localidade natal entre 1991 e 1996. En 1996, abandonou o seu cargo de concelleiro ó ser elixido Deputado do Congreso pola Provincia de Biscaia dentro da candidatura de Esquerda Unida-Ezker Batua. Foi deputado entre 1996 e 2000 dentro do Grupo Parlamentario Federal de Esquerda Unida. Desta forma José Navas converteuse no único deputado que obtivo na súa historia a coalición Esquerda Unida no País Vasco. A súa elección coincidiu co teito electoral histórico desta formación política que chegou a obter o 9,21% dos votos no País Vasco naquelas eleccións, o mellor resultado da súa historia.

Volveu ocupar o cargo de concelleiro en Portugalete entre 1999 e 2003. En 2001 a sede de Esquerda Unida-Ezker Batua en Portugalete sufriu un ataque de kale borroka tras votar Navas en contra de permitir a homenaxe a un expreso de ETA.[1]

En 2002 trasládase a vivir a Vitoria onde entra a traballar como asesor do Conselleiro de Vivenda e Asuntos Sociais do Goberno Vasco, Javier Madrazo. O seu labor foi a de técnico de orzamentos na Consellería de Vivenda e Asuntos Sociais.

Instalado en Vitoria, pasou a converterse rapidamente na cabeza visible do seu partido no eido local da capital arabesa. Foi candidato de Ezker Batua-Berdeak á alcaldía de Vitoria nas eleccións municipais de 2003 e 2007, sendo elixido en ambas ocasións concelleiro e exercendo como voceiro do seu partido no consistorio vitoriano. Nas eleccións municipais de 2011 foi por terceira vez candidato do seu partido á alcaldía de Vitoria,[2] pero nesta ocasión non logrou revalidar a súa acta, ó quedar o seu partido sen representación.[3]

Notas[editar | editar a fonte]