José Meis Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Meis Martínez
editar datos en Wikidata ]

José Meis Martínez, nado en Sanxenxo e finado en Pontevedra o 27 de xullo de 1937, foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi mestre de Cobres (1917-1928).[1] Na República foi mestre en Lourizán e permutou a súa praza co mestre de Seixo en 1935.[2] Afiliado á UGT e membro da directiva da Casa del Maestro de Pontevedra,[3] foi un dos creadores das Xuventudes Socialistas na parroquia de Seixo. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra en Pontevedra por rebelión militar o 12 de maio de 1937 con José Gallego Nogueira, Agustín Sanjuán Sansinenea, José Mejuto Bernárdez, Antonio Fernández Fernández, Gumersindo Gastiasoro, Germán Chapela Leiro e Ángel Martínez Fandiño, foi condenado a pena de morte. Foi executado na Caeira (Poio) con José Gallego, José Mejuto e Antonio Fernández o 27 de xullo de 1937. En decembro de 1939 abríronlle expediente por responsabilidades políticas.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Diario de Pontevedra, 20-11-1917, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 6-4-1935, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 17-1-1935, p. 11.
  4. El Pueblo Gallego, 1-12-1939, p. 5.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]