José María Muñoa
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
José María Muñoa | |
---|---|
Nacemento | 1942 |
Pau | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e enxeñeiro |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José María Muñoa Ganuza, nado en Pau, en 1942, é un enxeñeiro e político do País Vasco.
Biografía[editar | editar a fonte]
Fillo de exiliados da ditadura franquista, formouse en Grenoble (Francia). Militante do Partido Nacionalista Vasco, traballou como enxeñeiro en Francia e Madrid, até que en 1983 foi nomeado polo Goberno Vasco presidido por José Antonio Ardanza responsable do desenvolvemento das pequenas empresas en crises. En 1990 foi nomeado comisionado do Lehendakari para as Relacións Exteriores, cargo que ocupou até 2007. Foi tamén representante da comunidade autónoma do País Vasco no Comité das Rexións de Europa. En 2008, substituíu a Javier Retegi como presidente da Sociedade de Estudos Vascos.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- José María Muñoa, representante de Euskadi no mundo durante o últimos trece anos, deixa o seu cargo, Noticias.info.
- José María Muñoa obtivo o apoio dos socios e apelou ao traballo para seguir avanzando, diariovasco.com, 27 de decembro de 2008.