Cheché Martín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "José María Martín Rodríguez")
Cheché Martín
Información persoal
Nome completo José María Martín Rodríguez
Nacemento 25 de abril de 1924
Lugar A Coruña, Galicia
Falecemento 23 de xuño de 2006 (82 anos)
Lugar A Coruña, Galicia
Altura 1,76 m.
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Banfield
Vasco de Caracas
Angers
1948–1950 Deportivo da Coruña 43 (2)
1950–1953 Barcelona 55 (0)
1953–1956 Atlético de Madrid 67 (5)
1956–1958 Valencia 19 (1)
Morella
Selección nacional
1952 España 1 (0)
Adestrador
Deportivo Toluca
1968–1970 Deportivo da Coruña
1970 Zaragoza
1972–1973 Valladolid
1976 Deportivo da Coruña
1976–1977 Deportivo da Coruña
* Partidos e goles só en liga doméstica.† Aparicións (Goles)

José María Martín Rodríguez, máis coñecido como Cheché Martín, nado na Coruña o 25 de abril de 1924 e falecido na mesma cidade o 23 de xuño de 2006, foi xogador de fútbol durante a década dos 50, na posición de defensa. Ó rematar a carreira como futbolista dedicouse á arte como pintor e tamén adestrou a varios equipos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O fusilamento do seu pai Joaquín Martín secretario xeral do Concello da Coruña en 1936 a mans de militares do bando nacional, fixo que a súa familia emigrase a Buenos Aires, Arxentina. Alí comezou a súa carreira como futbolista que compaxinaba co traballo de debuxante sendo ilustrador na revista Austral e facendo caricaturas nos bares da cidade.

Iniciou a súa carreira no Banfield, pasando posteriormente polo Vasco de Caracas e Angers SCO.

Na tempada 1948–49 fichou polo Deportivo da Coruña, adestrado inicialmente por Gabriel Andonegui e logo por Cuqui Bienzobas. Na súa primeira campaña participou en 19 partidos, quedando na 10ª posición da táboa. Na tempada 1949–50, adestrado por Alejandro Scopelli, xogou 24 partidos e anotou 2 goles. Esta campaña o Dépor quedou subcampión, cun punto menos que o líder, o Atlético de Madrid.

Na tempada 1950–51 fichou polo FC Barcelona, onde na súa primeira campaña participou en 21 encontros e conquistou o título de liga. Na tempada 1951–52 e adestrado por Ferdinand Daucik, xogou 22 partidos, logrando novamente o título de liga, ademais da Copa do Xeneralísimo e a Copa Latina. En xuño de 1952 debutou como internacional. Na tempada 1952–53 xogou tan só 12 partidos, pero conseguindo novamente o título de liga, Copa do Xeneralísimo e Copa Eva Duarte.

Na tempada 1953–54 firmou polo Atlético de Madrid, onde na súa primeira campaña participou en 15 partidos e anotou un gol, e o equipo quedou na zona media da táboa. Na tempada 1954–55 xogou 23 encontros e anotou 2 goles, quedando novamente na zona media da clasificación. Na campaña 1955–56 participou en 30 partidos e anotou 1 gol. Ese ano o equipo quedou 5º clasificado.

Na tempada 1956–57 fichou polo Valencia CF, adestrado por Lluís Miró. Na súa primeira campaña no conxunto valencianista participou en 17 partidos e anotou un gol. Na tempada 1957–58 xogou tan só un encontro.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Cheché Martín xogou un único encontro coa selección española. Era un partido contra Irlanda o 1 de xuño de 1952, que rematou con victoria española (6–0). Cheché xogou o encontro completo.

Adestrador[editar | editar a fonte]

Na tempada 1968–69 adestrou o Deportivo da Coruña, en Primeira División, logrando quedar no 10º posto da táboa. Na campaña 1969–70 continuou no equipo coruñés, descendendo ao final do exercizo a Segunda División.

Na tempada 1970–71 foi contratado polo Real Zaragoza, onde tan só estivo 6 xornadas, sendo substituído por Domingo Balmanya. Ese ano o equipo aragonés descendeu a Segunda División como último clasificado.

Na tempada 1972–73 adestrou o Real Valladolid, en Segunda División. Logrou deixar o equipo no 5º posto, a 6 puntos dos postos de ascenso directo.

Na tempada 1974–75 fichou polo Recreativo de Huelva, no que estivo as 20 primeira xornadas. Foi destituído debido aos malos resultados (4 victorias, 7 empates e 9 derrotas) e o seu substituto foi Pedro Eguiluz.

Na tempada 1975–76 volveu ao Deportivo da Coruña, substituíndo na xornada 33 a José Antonio Naya, quedando ao final da campaña a 5 puntos dos postos de ascenso directo a Primeira División. Na tempada 1976–77 empezou adestrando o Deportivo o arxentino Héctor Rial, sendo substituído por Cheché Martín na xornada 14. No equipo galego estivo 14 xornadas, sendo substituído por José López, que a falta de 6 partidos foi reemprazado por Juan Arza. Martín colleu o Dépor no 11º posto e deixouno no 8º lugar no momento da súa substitución. Ese ano o equipo quedou en media táboa.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Barcelona

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]