José María Guelbenzu
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 14 de abril de 1944 Madrid |
| Morte | 18 de xullo de 2025 Madrid |
| Educación | Universidade Complutense de Madrid - dereito (–1964) Instituto Católico de Administración y Dirección de Empresas - dirección de empresas Our Lady of Remembrance College (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Literatura, prosa, detective literature (en) |
| Ocupación | escritor, prosista, crítico literario, editor |
| Empregador | El País (1998–) Alfaguara (1982–1988) Taurus (1977–1988) |
| Premios | |
| |
José María Guelbenzu Fernández, nado en Madrid o 14 de abril de 1944 e finado na mesma cidade o 18 de xullo de 2025,[1] que asinou tamén J.M. Guelbenzu, foi un escritor español e crítico literario. A súa produción literaria alternou a busca de novos xeitos de narrar (La mirada, La cabeza del durmiente o Los poderosos lo quieren todo) coa ficción policial, xénero no que creou unha saga protagonizada pola xuíza de instrución Mariana de Marco.
En 2010 gañou o XXII premio de narrativa Torrente Ballester con El hermano pequeño.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O bacharelato fíxoo no Colexio Areneros da Compañía de Jesús; despois estudou no Instituto Católico de Administración e Dirección de Empresas e na facultade de Dereito da Universidade Complutense de Madrid, que abandonou en 1964 para dedicarse á literatura.
As súas publicacións máis temperás viron a luz nos revistas Signos (onde colaboraba con críticas cinematográficas) e Cuadernos Hispanoamericanos (onde deu a coñecer as súas poesías).
Precisamente, é un poemario o seu primeiro libro publicado, aínda que desde entón, Guelbenzu desenvolveu a súa carreira literaria principalmente como novelista. En 1967 foi finalista do Premio Biblioteca Breve con El Mercurio, a súa primeira novela.
Traballou na revista Cuadernos para el Diálogo, ademais de colaborar en diversos xornais e en numerosas revistas literarias. Foi codirector do Cine-Club Imaxe de Madrid, director editorial de Taurus (1977-88) e Alfaguara (1982-88). En 1988 pasou a dedicarse en exclusiva á literatura. Foi colaborador habitual das seccións de Opinión y Cultura de El País e crítico do suplemento cultural dese mesmo diario Babelia.
En 2001 publicou a súa primeira novela policial No acosen al asesino, coa xuíza Mariana de Marco como protagonista. Guelbenzu querería escribir 10 libros coa xuíza.[3]
Csou coa editora Ana Rosa Semprún, directora xeral de Espasa Calpe.
Obra
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Espectros, la casa antigua (1967). El Bardo
Relatos
[editar | editar a fonte]- «Hogar eventual» (1967), en Cuadernos hispanoamericanos, nº 209 (1967)[4]
- «La donna de otoño» (1967), en Caudernos hispanoamericanos, n. 209 (1967)
- «La mosca de Funchal» (1992), en Una infancia de escritor (1997)[5]
- «Recuerdo una vez en Argüelles» (1997), en Urogallo: Revista literaria y cultural, n. 74-75 (1992)[6]
Novelas
[editar | editar a fonte]- El mercurio (1968). Seix Barral
- Antifaz (1970). Seix Barral
- El pasajero de ultramar (1976). Galba
- La noche en casa (1977). Alianza Ed.
- El río de la luna (1981). Alianza Ed.
- El esperado (1984). Alianza Ed.
- La mirada (1987). Alianza Ed.
- La tierra prometida (1991). Praza & Janés
- El sentimiento (1995). Alianza Ed.
- Un peso en el mundo (1999). Alfaguara
- La cabeza del durmiente (2003). Siruela
- Esta pared de hielo (2005). Alfaguara
- El amor verdadero (2010). Siruela
- Mentiras aceptadas (2013). Siruela
- Los poderosos lo quieren todo(2016). Siruela
- En la cama con el hombre inapropiado (2020). Siruela
- Mediodía en el tempo (2023). Siruela
- Una gota de afecto (2025). Siruela
Serie Mariana de Marco
[editar | editar a fonte]- No acosen al asesino (2001). Alfaguara
- La muerte viene de lejos (2004). Alfaguara
- El cadáver arrepentido (2007). Alfaguara
- Un asesinato piadoso (2008). Alfaguara
- El hermano pequeño (2011). Destino
- Muerte en primera clase (2011). Destino
- Nunca ayudes a una extraña (2014). Destino
- El asesino desconsolado (2017). Destino
- O calle para siempre (2019). Destino
- Asesinato en el jardín Botánico (2022). Destino
Premios
[editar | editar a fonte]- Finalista do Premio Biblioteca Breve 1967, de Seix Barral, El mercurio
- Premio da Crítica Española 1981, El río de la luna
- Premio Internacional de Novela Praza & Janés 1991 por La tierra prometida
- Premio Xornalístico sobre Lectura 2007, da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, polo seu artigo Hubo una vez una novela, publicado no suplemento Arte & Letras do Heraldo de Aragón, o 15 de marzo de 2007.[7]
- Premio Torrente Ballester 2010 por El hermano pequeño
- Premio da Crítica de Madrid 2016 por Los poderosos lo quieren todo
- Premio do Observatorio d’Achtall, polo conxunto da súa obra literaria
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio oficial
- Páxina dedicada a el no sitio del Editorial Planeta.
- Artigo sobre o libro El regreso del soldado (The Return of the Soldier, 1918), de Rebecca West, no sitio Revista de Libros.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ País, El (2025-07-18). "Muere el escritor y crítico literario José María Guelbenzu a los 81 años". El País (en castelán). Consultado o 2025-07-18.
- ↑ "José María Guelbenzu gana el XXII premio de narrativa Torrente Ballester". La Voz de Galicia (en castelán). 2010-11-17. Consultado o 2025-07-18.
- ↑ Marcos, Ana (2011-05-06). "Guelbenzu: "El hombre moderno pisa hoy el suelo de la incertidumbre"". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2025-07-18.
- ↑ Liuyi, Zheng (2017-08-07). "La novela policíaca española actual: José María Guelbenzu".
- ↑ Guelbenzu, José María (1992). "La mosca de Funchal". El Urogallo: revista literaria y cultural (74-75 (JUL-AGO)): 54–57. ISSN 0049-5719.
- ↑ "::: VARIOS AUTORES :::". www.javiermarias.es. Consultado o 2025-07-18.
- ↑ "José María Guelbenzu". www.jmguelbenzu.com. Consultado o 2025-07-18.