José María González Santos
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 22 de setembro de 1975 Rotterdam |
| 13 de xuño de 2015 – 17 de xuño de 2023 ← Teófila Martínez – Bruno García de León → | |
| 13 de xuño de 2015 – 17 de xuño de 2023 | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Cádiz - licenciatura en xeografía e historia |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Cádiz |
| Ocupación | político, activista, sindicalista, profesor de ensino secundario, comparsista (en) |
| Partido político | Adelante Andalucía (en) |
| Familia | |
| Parella | Teresa Rodríguez |
| Fillos | 4 |
José María González Santos, coñecido como Kichi, nado en Rotterdam (Países Baixos) o 22 de setembro de 1975, é un profesor e político español que exerceu como alcalde de Cádiz entre 2015 e 2023. É licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Cádiz.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi unha figura recoñecida do Entroido de Cádiz, tras formar parte da comparsa de Jesús Bienvenido.[1] O seu activismo social comezou cando colaborou como voluntario na parroquia da Pastora, traballando con adolescentes en risco de exclusión social.
En 2015, tomou posesión como alcalde de Cádiz,[2][3] cargo que ocupou ata 2023.[4][5] Tras deixar a política, dedicouse ao ensino da Xeografía e Historia.[6][7] Antes da súa carreira política, traballou como profesor de historia.[8]
Polémicas
[editar | editar a fonte]Desde que José María González asumiu o cargo de alcalde, o seu goberno enfrontouse a varios procesos xudiciais, todos eles desestimados. Entre eles figuran o chamado "caso Loreto",[9] relativo a unha suposta inxuria contra o PP; o "caso dos chiringuitos";[10] unha denuncia presentada pola asociación Abogados Cristianos polo izado da bandeira LGTB no Concello;[11] unha reclamación de Europa Laica sobre a concesión da Medalla de Ouro da cidade á Virxe do Rosario;[12] e unha acción legal emprendida pola organización Acción y Comunicación sobre Oriente Medio (ACOM) pola cancelación dun ciclo de cine israelí.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ TwitterFacebookEnviarCompartido; Twitter; Facebook; Enviar; Compartido; información, 551 Comentarios Aporta más; Comentarios, 551; información, Aporta más (2016-02-07). "Cádiz, la ciudad que gobierna el Carnaval". ELMUNDO (en castelán). Consultado o 2026-07-14.
- ↑ Cádiz, Melchor Mateo (2015-06-14). "La emoción de Milagros". Diario de Cádiz (en castelán). Consultado o 2026-07-14.
- ↑ Podemos. "José María González 'Kichi': "Venía preparado para lo peor y me estoy encontrando lo peor" - Podemos". Podemos (en castelán). Consultado o 2026-07-14.
- ↑ Mateo, Melchor (2023-06-15). "Kichi, en sus últimas horas como alcalde de Cádiz: "Mentiría si dijera que no estoy triste"". Diario de Cádiz (en castelán). Consultado o 2026-07-14.
- ↑ Campo, Almudena del (2022-11-23). "Kichi anuncia oficialmente que no se presenta a su reelección como alcalde de Cádiz". La Voz Digital (en castelán). Consultado o 2026-07-14.
- ↑ Sevilla, TERESA LÓPEZ PAVÓN @tlpavon (2022-11-24). "Kichi regresa a la tiza: "Necesito volver al instituto"". ELMUNDO (en castelán). Consultado o 2026-07-14.
- ↑ Campo, Almudena del (2022-11-27). "Ocho años en blanco para Cádiz tras el paso de Kichi". La Voz Digital (en castelán). Consultado o 2026-07-14.
- ↑ "El profesor de Historia que hace Historia". ELMUNDO (en castelán). 2015-06-13. Consultado o 2026-07-14.
- ↑ Press, Europa (2021-03-10). "El Supremo absuelve a 'Kichi' del delito de calumnias al PP en el denominado 'caso Loreto'". www.europapress.es. Consultado o 2026-07-14.
- ↑ Redacción (2019-05-16). "Otra denuncia más contra el alcalde de Cádiz archivada: ahora la presentada por Ciudadanos por la gestión de los chiringuitos". DIARIO Bahía de Cádiz (en castelán). Consultado o 2026-07-14.
- ↑ D, R. (2021-01-16). "Archivada la denuncia contra ‘Kichi’ por izar la bandera LGTBIQ+ en el Ayuntamiento". Diario de Cádiz (en castelán). Consultado o 2026-07-14.
- ↑ "Europa Laica tendrá que pagar las costas del juicio contra la concesión de la medalla de Cádiz a su patrona". lavozdelsur.es (en castelán). Consultado o 2026-07-14.
- ↑ VOZ, LA (2019-12-20). "Archivan la causa contra el alcalde de Cádiz, José María González 'Kichi', por un delito de odio". La Voz Digital (en castelán). Consultado o 2026-07-14.