José María Giménez
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | (es) José María Giménez de Vargas 20 de xaneiro de 1995 Toledo (Uruguai) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 185 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 76 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 10 de novembro de 2012 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Uruguai | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Defensa central | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Número deportivo | 20 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 2026 | Mundial de Fútbol de 2026 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 2018 | Mundial de Fútbol Rusia 2018 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 2014 | Mundial de Fútbol Brasil 2014 |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
José María Giménez de Vargas, nado en Toledo (Uruguai) o 20 de xaneiro de 1995, é un futbolista uruguaio que xoga de defensa central no Deportivo da Coruña, da Primeira División, cedido polo Atlético de Madrid. É o capitán da selección uruguaia.
Despois de comezar a súa carreira no Danubio, fichou aos 18 anos polo Atlético de Madrid, club no que militou durante máis dunha década, disputando máis de 350 partidos. Gañou cinco títulos co club madrileño, entre eles dúas ligas de Primeira División e unha UEFA Europa League.
A nivel internacional, debutou coa selección uruguaia en 2013 e disputou con ela 100 partidos,[1] participando en catro Copas do Mundo e cinco Copas América.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Danubio
[editar | editar a fonte]Nado na vila uruguaia de Toledo, no departamento de Canelones, formouse como futbolista na canteira do Danubio, club no que ingresou con só sete anos.[2]
Despois de pasar por todas as categorías inferiores, debutou co primeiro equipo na Primeira División o 17 de novembro de 2012, da man do adestrador Juan Ramón Carrasco, saíndo como titular nun partido contra o River Plate. Disputou un total de 16 partidos na súa única tempada na máxima categoría uruguaia.
Atlético de Madrid
[editar | editar a fonte]2013–2016
[editar | editar a fonte]O 24 de abril de 2013 confirmouse a súa contratación por cinco anos polo Atlético de Madrid, ao que se uniría na pretemporada da tempada 2013/14.[3] O 14 de setembro debutou co Atlético na Primeira División, xogando como titular nunha vitoria por 4-2 sobre o Almería no antigo Vicente Calderón. Con todo, a competencia do seu compatriota Diego Godín, así como de Miranda e Toby Alderweireld, deixárono case sen espazo, polo que aquel partido contra o Almería foi o único que disputou esa tempada na liga, competición da que o seu equipo se proclamou campión despois de 18 anos sen logralo.[4][5] O equipo acadou tamén a final da Liga de Campións, perdendo ante o Real Madrid no Estadio da Luz, aínda que Giménez non chegou a debutar na competición.
Comezou a tempada 2014/15 conquistando a Supercopa de España contra o Real Madrid, aínda que non saíu do banco de suplentes en ningún dos dous partidos.[4] Comezou a ter máis participación na parte final da primeira volta, na que marcou ademais o seu primeiro gol, contra o Elche.[6] Na segunda metade da tempada 2014/15 asentouse na titularidade por diante de Miranda,[7] Continuou nos onces iniciais de Simeone na tempada 2015/16, aínda que no último terzo da campaña alternou o seu posto con Stefan Savić.[8] O Atlético volveu acabar como subcampión da Liga de Campións, de novo ante o Real Madrid, sendo Giménez suplente na final de San Siro.
2016–2019
[editar | editar a fonte]
En xullo de 2016 nacionalizouse como cidadán español, liberando así unha das tres prazas do Atlético para xogadores de fóra da Unión Europea.[8] Contou con menos minutos na tempada 2016/17, debido ás súas lesións e ao bo estado de forma de Godín, Savić e Lucas Hernandez.[9] O 27 de setembro de 2017 disputou o seu encontro número 100 co Atlético nun partido da Liga de Campións contra o Chelsea, e foi homenaxeado cunha placa no "Paseo das Lendas" do novo Estadio Metropolitano do Atlético.[10] Acabou a tempada conquistando a UEFA Europa League, facendo parella con Godín no centro da defensa na final contra o Olympique de Marsella.[11]
O Atlético gañou a Supercopa da UEFA de 2018 o 15 de agosto contra o Real Madrid en Talín, con Giménez substituíndo a Diego Costa nos últimos 10 minutos da prórroga.[12] O 20 de febreiro de 2019 marcou o primeiro gol na vitoria por 2-0 na casa contra a Juventus, campión italiano, para darlle vantaxe ao Atlético no partido de ida dos oitavos de final da Liga de Campións.[13]
2019–2026
[editar | editar a fonte]Antes da tempada 2019/20, tras a marcha de Godín, o adestrador Diego Simeone nomeou a Koke novo capitán do Atlético, seguido polo porteiro Jan Oblak e a Giménez como terceiro capitán.[14] O Atlético gañou a liga na tempada 2020/21, sendo Giménez titular en máis da metade de xornadas. Foi ademais o único xogador xunto a Koke que continuaba no club dende o anterior título de liga na tempada 2013/14.[15]
O 16 de decembro de 2023 disputou o seu partido 300 co Atlético de Madrid, entrando como substituto de Çağlar Söyüncü, converténdose no 31º xogador do club en alcanzar esa marca.[16]
O 1 de setembro de 2026 foi cedido ao Deportivo da Coruña que viña de ascender á Primeira División.[17] Fíxose inmediatamente coa titularidade e debutou só catro días despois, saíndo de inicio na vitoria por 2-3 ante o Villarreal no estadio da Cerámica.[18]
Selección uruguaia
[editar | editar a fonte]
Foi internacional coa selección uruguaia sub-20, coa que disputou a Copa do Mundo Sub-20 de 2013, quedando subcampión por detrás de Francia.[19]
O 10 de setembro de 2013 debutou coa selección absoluta do Uruguai nun partido de clasificación para o Mundial de 2014 contra Colombia.[19]
Con 19 anos foi convocado por Óscar Tabárez para o Mundial de 2014 no Brasil.[20] Debutou no torneo contra Inglaterra no segundo partido da fase de grupos, substituíndo ao lesionado capitán Diego Lugano nunha vitoria por 2-1 no Arena Corinthians.[21] Foi titular no último partido do grupo (unha vitoria por 1-0 sobre Italia no Arena das Dunas) e na derrota por 2-0 nos oitavos de final contra Colombia en Maracanã.[22]
Marcou o seu primeiro gol internacional nunha vitoria por 1-0 contra Corea do Sur nun amigable o 8 de setembro de 2014.[23] Foi convocado para a Copa América 2015 e marcou o gol uruguaio nun empate a un gol con Paraguai, que permitiu que ambos equipos pasasen á fase eliminatoria.[24] Os uruguaios acabaron eliminados nos cuartos de final contra Chile.
No Mundial de 2018 marcou o único gol no primeiro partido da selección uruguaia ante Exipto no Estadio Central de Ekaterimburgo.[25] Foi titular tamén na vitoria por 1-0 sobre Arabia Saudita, no triunfo por 2-1 contra Portugal nos oitavos de final e tamén nos cuartos de final, onde o Uruguai acabou finalmente eliminado ante Francia.
Na Copa América de 2019 no Brasil marcou de cabeza un gol contra o Xapón en Porto Alegre e foi o único uruguaio elixido no Equipo Ideal do Torneo a pesar de caer eliminado nos cuartos de final.[26] No Mundial de 2022 xogou completos os tres partidos do Uruguai, que non logrou pasar da fase de grupos.
Foi convocado por Marcelo Bielsa para o Mundial de 2026, a súa cuarta Copa do Mundo e a primeira como capitán, pero non chegou a disputar ningún minuto no torneo, xa que sufriu unha lesión no nocello.[27][28] En setembro do mesmo ano acadou os 100 partidos coa selección, nun encontro amigable ante o Xapón no estadio de Miyagi.[29]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Regina Iafolla nunha cerimonia civil en xuño de 2019, antes da Copa América.[30] Teñen tres fillos.[31]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Si Josema Giménez se va del Atlético puede hacer historia". elpais.com.uy (en castelán). 23 de xullo de 2020. Consultado o 3 de setembro de 2026.
- ↑ "Ya lo hizo: “Trancar con la cabeza si es posible”" (en castelán). 30 de marzo de 2015. Consultado o 3 de setembro de 2026.
- ↑ "El Atlético ficha a Giménez, defensa uruguayo de Danubio" (en castelán). 24 de abril de 2013. Consultado o 3 de setembro de 2026.
- 1 2 "Todos los goles y títulos de Josema Giménez con Atlético de Madrid" (en castelán). 24 de abril de 2023. Consultado o 3 de setembro de 2026.
- ↑ "La trayectoria de Josema Giménez en Atlético de Madrid" (en castelán). 24 de abril de 2023. Consultado o 3 de setembro de 2026.
- ↑ "Elche 0-2 Atletico Madrid". BBC (en inglés). 6 de decembro de 2014. Consultado o 3 de setembro de 2026.
- ↑ Walker, Joseph (20 de xuño de 2015). "Selling Miranda makes sense for Atletico Madrid" (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2026.
- 1 2 Barbero, Alberto R.; Sánchez, Ainhoa (10 de xullo de 2016). "Giménez ya es comunitario". Marca (en castelán). Consultado o 3 de setembro de 2026.
- ↑ Barbero, Alberto R. (8 de novembro de 2016). "Gimenez to fight for place at Atletico". Marca (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2026.
- ↑ Redacción (14 de outubro de 2017). "Giménez colocó su placa en el ‘Paseo de Leyendas’". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 3 de setembro de 2026.
- ↑ Redacción (16 de maio de 2018). "Godín y Josema campeones de la Europa League con el Atlético Madrid". Subrayado (en castelán). Consultado o 3 de setembro de 2026.
- ↑ Murray, Scott (15 de agosto de 2015). "Real Madrid 2-4 Atlético Madrid (aet; 2-2 after 90 mins): Uefa Super Cup – as it happened". theguardian.com (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2026.
- ↑ Lowe, Sid (20 de febreiro de 2019). "Giménez and Godín put Atlético Madrid in charge against Juventus". theguardian.com (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2026.
- ↑ Redacción (9 de outubro de 2019). "Giménez: "Es un orgullo ser uno de los capitanes de Atlético Madrid"" (en inglés). espn.com. Consultado o 3 de febreiro de 2026.
- ↑ Lowe, Sid (24 de maio de 2021). "Atlético Madrid win it the hard way to live up to Diego Simeone’s prediction". theguardian.com (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2026.
- ↑ Zimmermann, Walter (16 de decembro de 2023). "Giménez jugó su partido 300 saliendo desde el banquillo". mundodeportivo.com (en castelán). Consultado o 3 de setembro de 2026.
- ↑ Redacción. "Agreement with RC Deportivo over the loan of Giménez". atleticodemadrid.com (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2026.
- ↑ "Giménez: el nuevo líder que da orden al Deportivo" (en castelán). 6 de setembro de 2026. Consultado o 6 de outubro de 2026.
- 1 2 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2014. Consultado o 03 de setembro de 2026.
- ↑ Redacción (13 de maio de 2014). "Tabárez da la nómina uruguaya del Mundial". bbc.com (en castelán). Consultado o 3 de setembro de 2026.
- ↑ Palumbo, Ivan (12 de xuño de 2014). "Mondiali, Uruguay, Lugano ancora out: contro l'Italia (ri)tocca a baby Gimenez". gazzetta.it (en italiano). Consultado o 3 de setembro de 2026.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2015. Consultado o 03 de setembro de 2026.
- ↑ http://www.espnfc.com.au/blog/espn-fc-united-blog/68/post/2142706/tim-vickery-four-up-and-coming-prospects-from-brazil-bolivia-peru-and-uruguay. Falta o
|title=(Axuda) - ↑ "Uruguay v Paraguay - BBC Sport".
- ↑ Emons, Michael (15 de xuño de 2018). "World Cup 2018: Uruguay score late winner to beat Egypt 1-0". bbc.co.uk (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2026.
- ↑ "Copia arquivada" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2019. Consultado o 03 de setembro de 2026.
- ↑ "Why isn't Jose Maria Gimenez starting today for Uruguay vs Cape Verde at 2026 World Cup? - Bolavip US".
- ↑ "Jose Maria Gimenez - Soccer News, Rumors, & Updates | FOX Sports".
- ↑ "JOSÉ MARÍA GIMÉNEZ CUMPRE ANTE XAPÓN 100 PARTIDOS CON URUGUAI". 6 de outubro de 2026. Consultado o 6 de outubro de 2026.
- ↑ "El casamiento de Josema Giménez y Regina Iafolla" [Josema Giménez and Regina Iafolla's wedding] (en Spanish).
- ↑ "José María Giménez y su esposa, Regina Iafolla, celebraron el nacimiento de Santi" [José María Giménez and his wife, Regina Iafolla, celebrated the birth of Santi] (en Spanish).
- Nados en 1995
- Nados no departamento de Canelones
- Futbolistas do Uruguai
- Defensas de fútbol
- Xogadores do Danubio FC
- Xogadores do Atlético de Madrid
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 2018
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 2026
- Xogadores da selección de fútbol do Uruguai