José María Fonollosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé María Fonollosa
Biografía
Nacemento8 de agosto de 1922 Editar o valor em Wikidata
Can Tunis, España (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte7 de outubro de 1991 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata

José María Fonollosa, nado en Barcelona o 8 de agosto de 1922 e finado na mesma cidade o 7 de outubro de 1991[1], foi un poeta catalán en lingua castelá. Está considerado un caso singular de poeta secreto (ao estilo de Kavafis ou Fernando Pessoa) na literatura castelá, pois non publicou nada entre 1948 e 1990, manténdose á marxe de correntes literarias.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Can Tunis, e durante a adolescencia trasladouse ao Poble Sec. En 1945 publicou o seu primeiro poemario, La sombra de tu luz, con influencias de poetas como Pedro Salinas, Jorge Guillén, Lorca ou Alberti, e en xeral do estilo (cancións de arte menor de tipo tradicional, romances, sonetos e mesmo décimas) e os temas (amoroso, ao modo intelectual e distanciado) adoptados antes da guerra pola xeración do 27. Porén, non hai influencia das vangardas nin do surrealismo.

En 1948 publicou Umbral del silencio, de cinco poemas. Nel usa o verso alexandrino e frecuenta a estrofa de catro versos hendecasílabos sen rima. Os temas seguen relacionados cos da xeración do 27, pero aparecen tamén preocupacións relixiosas, propias da época, diluídas nas composicións posteriores por un ton amoral e escéptico.

Nese mesmo ano escribiu Los pies sobre la tierra, que nunca chegou a imprimirse, pero que ten grande importancia porque supón o inicio de Ciudad del hombre, un vasto ciclo poético de catro décadas. Tamén traballou noutra triloxía poética abortada: Soledad del hombre, formada por Destrucción de la mañana, Los rezagados (algúns destes poemas foron reelaborados para Ciudad del hombre) e Tú, cotidiana.

En 1951, en colaboración con Alfredo Papo, publicou Blues y cantos espirituales negros. Nese mesmo ano marchou a Cuba. Regresou a Barcelona en 1961, e comezou a colaborar na revista Poesía Española.

En 1987 un encontro casual con Pere Gimferrer en Barcelona deu lugar á publicación dunha antoloxía de 97 poemas, Ciudad del hombre: New York.

Cando morreu, na súa mesa de traballo estaba o poema "No", considerado un manifesto ante a morte, varios borradores e un esbozo de testamento a lapis. En 1993 publicouse Ciudad del hombre: Barcelona, con 14 poemas. Esta obra foi reeditada en 1996 xunto con outros 68 poemas inéditos. Un ano despois publicouse Poetas en la noche, crónica novelada en verso na que reflicte o mundo da lírica contemporánea.

A súa obra foi musicada por Joan Manuel Serrat (1992) e Albert Pla (Supone Fonollosa, 1995).

Obra[editar | editar a fonte]

  • La sombra de tu luz (1945)
  • Umbral del silencio (1947)
  • Blues y cantos espirituales negros (1951)
  • Ciudad del hombre: New York (Sirmio, Barcelona, 1990). Prólogo de Pere Gimferrer.
  • Ciudad del hombre: Barcelona (Bauma, Cuadernos de Poesía, Barcelona, 1993).
  • Ciudad del hombre: Barcelona (DVD ediciones, Barcelona, 1996). Prólogo de José Ángel Cilleruelo.
  • Poetas en la noche (Quaderns Crema, Barcelona, 1997)
  • Ciudad del hombre: New York (Ediciones El Acantilado, 2000).
  • Destrucción de la mañana (DVD ediciones, Barcelona, 2001). Prólogo e edición de José Ángel Cilleruelo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Josep María Fonollosa, escritor", necrolóxica en El País, 9 de outubro de 1991 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cercas, J. (1998). "La pureza del mal". Una buena temporada. Junta de Extremadura. pp. 84–92. 
  • Cilleruelo, J. Á. (1999). "José María Fonollosa: Poeta de la ciudad". Quimera: Revista de literatura (177): 14–17. ISSN 0211-3325. 
  • Cilleruelo, J. Á. (1996). "José María Fonollosa: Barcelona, La Habana, Nueva York". Clarín: Revista de nueva literatura (6): 15–18. ISSN 1136-1182. 
  • Nicolás, C. (2001). "Fonollosa o la ruptura de lo esperado". Ínsula: Revista de letras y ciencias humanas (649-650): 42–44. ISSN 0020-4536.