José María Fenollera
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de decembro de 1851 Valencia, España |
Morte | 6 de decembro de 1918 (66 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
Xénero artístico | Retrato |
Alumnos | Roberto González del Blanco |
Lingua | Lingua castelá |
José María Fenollera Ibáñez, nado en Valencia o 10 de decembro de 1851 e finado en Santiago de Compostela o 6 de decembro de 1918, foi un pintor español, coñecido especialmente polos seus retratos.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou na Escola de Belas Artes de San Carlos da súa cidade natal. Entre 1872 e 1877 estudou en Roma cunha bolsa da Deputación de Valencia canda a outros pintores como Sorolla ou Pinazo. Tras pasar por París para aprender a técnica do fotogravado, instalouse en Madrid, onde realizou cartóns para a Real Fábrica de Tapices e contribuíu á decoración do extinto Café de Fornos. En 1887 trasladouse a Santiago de Compostela, onde fixou a súa residencia e exerceu como catedrático na Escola de Belas Artes e mantivo unha estreita relación co movemento rexionalista.
Desta época destaca a súa actividade como retratista, pintando a personaxes tan célebres como Alfredo Brañas, Rosalía de Castro, Montero Ríos, José Carvajal Hué ou o cardeal Payá, e os sucesivos presidentes da Sociedade Económica de Amigos do País compostelá. Amais, pintou os frescos do paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela[1] cos bosquexos de Urbano González Varela. Acadou a medalla de ouro, con diploma de honor, na Exposición Rexional de 1909[2].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "José María Fenollera" Arquivado 11 de abril de 2018 en Wayback Machine., artigo de José Manuel García Iglesias en El Correo Gallego, 28 de decembro de 2006 (en castelán).
- ↑ "Urge restaurar las pinturas de Fenollera" Arquivado 11 de abril de 2018 en Wayback Machine., artigo de Alfonso Fernández-Cid Fenollera en El Correo Gallego, 23 de agosto de 2006 (en castelán).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José María Fenollera |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
- Jorge Fernández-Cid: José María Fenollera: un artista perturbador e iconoclasta (entre el Romanticismo y la Modernidad.
- Un siglo de pintura y escultura valencianas al través de los pensionados de la Excma. Diputación Provincial de Valencia. Valencia, 1946.